A convocatoria aberta ao público para para cubrir tres postos de traballo de carácter temporal cos que reforzar a área de Obras e Servizos durante os próximos meses rematou o seu prazo de presentación de solicitudes o 18 de xullo. Con data 20 de xullo faise publica a relación de persoas admitidas , que ao non haber ningunha excluída, pasa a ser defintiva. Trece foron as persoas en toal que presentaron a solicitude, 3 para o posto  temporal de condutor/a de maquinaria pública, 4 para o posto de operaria/o servizos múltiples e 6 para o posto de peón/peoa.

Como xa se anunciara, o Boletín Oficial da Provincia de martes 10 de xullo publicou o anuncio das bases polas que se rexe este proceso selectivo para cubrir tres postos de traballo de carácter temporal e que se encadran  nas bases do  Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña. Ofértanse dous postos de oficial de 2ª -un co perfil de operario de servizos múltiples e outro para guiar na maquinaria municipal- e un de peón, que accederán a contratos de 30 horas semanais. O proceso resolverase mediante concurso-oposición e o principal requisito para optar a algunha das tres prazas é estar en situación de desemprego, aínda que despois hai máis circunstancias específicas definidas polo PIL, das que as persoas candidatas deben  cumprir unha, como por exemplo ter máis de 45 anos, levar no paro máis de dous anos, ter unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ser muller, etc.

No proceso aberto para a contratación  termporal, publicado no Boletín da Provincia así como na  web municipal, na prensa e no taboleiro de anuncios,   as persoas presentadas para o total dos tres postos  foron 13:  para a praza  de condutor -maquinista  3, para o posto temporal de operario ou operaria de servizos múltiples, 4 e para o de peón ou peoa, 6 persoas. Todas elas deberán presentarse á fase de oposición,  que consta dun exame teórico tipo test, que terá lugar o 27 de xullo na Casa do Concello ao longo da mañá.  A puntuación acadada nesta  proba,  sumaráselle a obtida na fase de concurso, conforme ao establecido nas bases. O tribunal esta composto por funcionariado e persoal laboral fixo da Administración local.

Documentación do proceso:

resolución  listaxe de persoas admitidas e excluídas no proceso de contratacion temporal de 2 oficiais de 2ª e de peón

anuncio data e hora probas

 acta tribunal cualificador

resolución  resultados provisionais  probas oficiais 2ª e peón