Tras a incorporación de dous tractoristas, con carácter temporal, o Concello de Moeche inicia a contratación dun posto de peón/peoa, financiados no programa Pel da da Deputación da Coruña par o reforzo do departamento de Servizos e Obras. o prazo para presentar as solicitudes é de 5 dias naturais, comeza mañá 9 de xuño e remata o sábado 13 de xuño.
O Concello contratará persoal para un posto de peón , con caracter temporal- 5 meses- para o reforzo no verán e outono do departamento de Servizos e Obras. O BOP publica as as bases da convocatoria, no marco do programa – PeL da Deputación da Coruña-, nunha segunda convocatoria logo de quedar deserta a primeira convocatoria. As persoas aspirantes que deben cumprir os requisitos das bases citadas, para a seguir efectuar entre elas e eles o correspondente proceso de concurso e posterior proba práctica de cara á cobertura temporal do posto.
A praza temporal convocada ao abeiro do PEL, de peón, require posuír o carné B e desenvolverá igualmente obras e outros traballos de conservación no municipio, aínda que neste caso apoiando a quen estea á fronte das tarefas.
O proceso selectivo consiste, por unha banda, nunha fase de concurso para valorar obxectivamente as circunstancias familiares e persoais, así como a formación e máis a experiencia acreditadas e, posteriormente, unha proba práctica en relación coas funcións do posto..
Ao desenvolvemento das probas prácticas convídanse representantes dos dous grupos municipais, sen voz nin voto ao non poder formar parte do tribunal cualificador.
Esta contratación permitirá manter o reforzo do servizo ata practicamente finais de ano, ao coordinarse coas datas e períodos da actual contratación do programa de Garantía Xuvenil e Suma Talento
O prazo para presentar as solicitudes é de 5 dias naturais, comeza mañá 9 de xuño e remata o sábado 13 de xuño, ben na sede electrónica do Concello ou presencialmente na Casa do Concello, en horario de atención ao público, de 8.30 a 13.30 de luns a venres.








Últimos comentarios