Moeche conta xa coa primeira instalación fotovoltaica para a Comunicade Enerxética de Moeche , froito de ter acadado ser Concello piloto de Comunidade Enerxética Rural (CER) no marco do proxecto CELRURAL, un proxecto innovador destinado a transformar o modelo enerxético local. Convértese así no primeiro concello da comarca cunha Comunidade Enerxética con instalación fotovoltaica executada.
Rematou a instalación na nave do Mercado dun sistema fotovoltaico hibridado con almacenamento da Comunidade Enerxética no Concello Moeche como Concello Piloto, unha obra licitada pola FEGAMP, por 50.000,00€ , adxudicada a unha empresa da comarca, Narontec S.L. e financiada con fondos europeos do programa de cooperación transfronteiriza Interreg POCTEP España-Portugal, e conta coa participación da FEGAMP e da Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), entre outras entidades.
A rexedora, Beatriz Bascoy, sinalou a importancia de ver esta realidade, “un avance importante do que debemos sentirnos orgullosas como proxecto colectivo que é , no que o Concello funcionou como elemento tractor desde o comezo e para o que contou coa aposta dun grupo de veciños e veciñas, que foi medrando, e que agora dá un paso real, tanxible, , que non era doado acadar neste prazo de tempo e nestas condicións, e marca un novo reto no futuro deste proxecto”
Para a súa posta en funcionamento só resta que empresa subministradora de enerxia – UFD.- e a Consellería de Industria rematen o procedemento administrativo dos permisos correspondentes tras a finalización material do subministro
O próximo paso será a sinatura do convenio entre o Concello de Moeche, a FEGAMP e a propia Comunidade Enerxética de Moeche para establecer a xestión e a cesión da instalación fotovoltaica á Comunidade Enerxética, quen deberá xestionala.
A Asociación da Comunidade Enerxética, da que forma parte o Concello xunto cos veciños e veciñas que se foron sumando, convocará en breve aos socios, tras a sinatura do convenio citado, para dar a coñecer os requisitos para os iniciais e valorar as posibilidades de ampliar entre todos os socios e socias a instalación inicial recibida como concello piloto, asi como presentar as novidades da regulación correspondente das CE.
A concelleira , Isabel Lois Rego, interveu o pasado mes, en representación do Concello de Moeche na xornada “Enerxía compartida, comunidades, tecnoloxía e territorio”, como peche do proxecto do Consorcio CEL Rural, para dar a coñecer a experiencia de Moeche para contar coa súa primeira Comunidade Enerxética e os pasos datos ata chegar a ser concello piloto e ter hoxe a primeira instalación fotovoltaica comunitaria . A xornada tivo lugar na Coruña , no centro de Experimentación Avanzada de ITG.
Un dia antes, Moeche acolleu a visita representantes dos diferentes proxectos similares en Portugal e en varios puntos do España impulsados no mesmo marco do CEL Rural que o proxecto de Moeche.
A selección do Concello de Moeche o pasado ano para desenvolver o segundo proxecto piloto galego de comunidade enerxética local do proxecto CELRURAL- o pirmieio foi o Concello de Xermade- supuxo un gran impulso para o proceso de creación da comunidade enerxética, iniciado hai un par de anos e concretado na constitución da Asociación Comunidade Enerxías Renovables Moeche- ACER Moeche. Foi un paso fundamental para avanzar na posta en marcha da Comunidade Enerxética constituída pola veciñanza e polo Concello supón recibir con carácter gratuíto a primeira fase do proceso de posta en marcha real da CE, tras varios meses de traballo de difusión, información, redacción de estudos por parte do Concello e un reducido grupo de persoas que foi medrando e constituíuse en Comunidade de Enerxía Renovábeis de Moeche.
Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional – FEDER –Programa de Cooperación INTERREG VI – España-Portugal (POCTEP) 2021-2027








Últimos comentarios