Rematadas as obras do proxecto de mellora de varias pistas municipais situadas en nas parroquias  de Santa Cruz, San Xurxo, San Xoán e Labacengos,cun importe de adxudicación de 54.665,38 €, IVE incluído   Foi licitada pro procedemento aberto e  adxudicada á mellor oferta  presentada, que correspondeu á  empresa da  comarca de Ferrolterra,  Avanza Enviroment S.L. O proxecto forma parte dos incluídos polo Concello nos fondos achegados no POS +2024 da Deputación da Coruña e fora licitado por  56.943,73€

Son catro os camiños sobre os que se actuou  neste proxecto do POS + 2024 financiado pola  área de Plans da Deputación da Coruña

No caso do camiño do Cardal -Santa Cruz- acondicionnáronse as gabias polas dúas marxes, nova capa de rodadura con rega asfáltica no camiño e nos abanos e sinalización viaria, cunha lonxitude de 350  metros.

Na parroquia de San Xurxo, pavimentouse o camiño da Costa así como as entradas dos dous ramais, ao remate do camiños, cunha lonxitude total de 125 m. Ademais da limpeza de gabias e reperfilado, construíuse un salvagabias no encontro dos dous camiños co fin de evitar as acumulación de auga en época de choivas abundantes, e a posterior pavimentación con rega asfáltica.

A terceira actuación  afectou ao camiño de acceso ao pavillón municipal en San Ramón. Esta vía de acceso ao pavillón de deportes de San Ramón presentaba na actualidade moito desgaste, e requiría ademais dun rebaixe xa que a día de hoxe o camiño está máis alto que as beirarrúas perimetrais do pavillón. Os 120 metros, co 4 metros de ancho  foron obxecto de pavimentación con rega asfáltica e previa demolición do asfaltado actual na parte máis elevada.

A outra vía obxecto de mellora foi o camiño de acceso a varias vivendas no lugar da Igrexa, en Labacengos, cunha lonxitude de 120 metros cun ancho medio de 3 metros e que incluiu dous novos colectores un para a rede de saneamento e outro para a recollida de pluviais nun treito do camiño, así coma o ensanche dos primeiros 55 m de camiño para así estender a nova pavimentación ata os muros existentes e mellorar a drenaxe de pluviais con novos rexistros xa que causa problemas nas parcelas lindeiras.

POS+ 2024 Adicional

Desde hai un par de semanas  está a desenvolverse as obras de pavimentación en zahorra da pista do límite co Concello de Cerdido, desde o Alto da Mina ás Barbelas, a cargo da empresa local  Construcciones Mantiñán. Este proxecto enmárcase nos incluídos polo Concello nos fondos do POS +Adiconal 2024.