A estas primeiras obras finalizadas, cun importe de 98. 270,70€, súmanse os proxectos, con 93.000,00€ de investimento, que o Concello  incluíu  no Plan complementario do POS+ 2017 da Deputación da Coruña.

A pavimentación e mellora da rede viaria incluida nos primeiros proxectos está rematada, só queda en proceso  o aparcadoiro do local social de Abade e o saneamento do Empalme, en San Ramón.

As dúas obras supuxeron un investimento total de 98.215.70€,  para a  pavimentación  e mellora das pistas e camiños en  Pico Ferreira-Vigo (San Xurxo). O Loureiro, (Santa Cruz). O Vilar, (Santa Cruz), O Tellado (Santa Cruz). Accesos de arriba Vilachave (Labacengos). pista Gundiao (Abade), acceso a núcleo de Gundiao (Abade) e melllora do camiño do Carballo (Labacengos) así como para as obras do saneamento Empalme (San Xoán) e acondicionamento da foxa das Pedreiras.

A estes investimentos hai que sumar o Plan  complementario, que ascende a máis de  93.000,00€ e que se licitará en breve, 75.000,00 € corresponden á mellora da iluminación da estrada xeral AC-862 e algo máis de 18.000,00 €  a instalación de contadores no conxunto de ramais da rede municipal de abastecemento de auga

Ademais destas obras, Moeche recupera a baixa económica do PAS 2015 (Deputación da Coruña) para a que xa no seu momento presentara un proxecto de ampliación de cerramentos de colectores e subministración de marquesiñas, destinadas  a aquelas paradas escolares que están máis deterioradas ou carecen delas. importe deste proxecto xa aprobado supera os  30.000,00€

O conxunto das obras en Moeche no ano 2017 con financiamento da Deputación da Coruña ascende a 395.797,82€ aos que se engadiron 162.000,00 € para gasto corrente, achegas a proxectos e redacción de proxectos neste ano, cun total, pois,  de 557.797,82€ ao abeiro de convenios e do Plan Ünico 2017.