Dous roteiros para coñecer de preto o noso patrimonio
Roteiro entre o cstelo de Naraío e o Castelo de Moeche
O vindeiro 14 de setembro, o técnico de turismo de Moeche guiará o roteiro que separa os castelos de Naraío e Moeche. Un fermoso percorrido no que os participantes poderán coñecer as características das dúas fortalezas, o trazado do río Xuvia ou descubrir o patrimonio etnográfico da zona.
Percorrido: 14,2 km
Tempo aproximado: 4 horas
Doficultade: media-baixa
Roteiro polo patrimonio etnográfico de Labacengos
E xa a finais de mes, o domingo 29, poderemos gozar dun percorrido polo patrimonio etnográfico da parroquia de Labacengos. Un roteiro de dificultade media, cunha duración aproximada de dúas horas, no que partindo do Rego do Loureiro, poderemos descubrir algúns dos elementos patrimoniais máis destacados da zona, como son os muíños dos Loureiros, o túmulo dos Caneiros, o castro de Vilachave, a mámoa das Barbelas ou cruceiro de San Xiao dos Ósos.
Percorrido: 7,4 km
Duración aproximada: 2 horas
Dificultade: media-baixa
Para participar nestas actividades, hai que anotarse presencialmente na Casa do Concello, ou ben chamar en horario de mañá ao 981 404 006. Tamén se pode enviar un correo a turismo@moeche.gal.
Prezo: 5€
Últimos comentarios