Observación da eclipse solar desde Pena Xacín
A eclipse total da que está a falar todo o mundo poderá observarse dun xeito privilexiado dende unha franxa que ocupa o noroeste da península, e que transcorre pola parte norte da provincia da Coruña. O Concello de Moeche participa deste evento – a primeira eclipse total en Europa do século XXI – organizando unha ruta guiada para a súa observación dende o cumio do extremo nordeste do val de Moeche, Pena Xacín.

O Concello de Moeche ofrece esta actividade dirixida a maiores de 12 anos que comprende un percorrido ata Pena Xacín, da man de Ramón Carballeira, guía turístico, para observar a eclipse solar total que terá lugar o vindeiro 12 de agosto.

O número de prazas é limitado: 30 prazas. As persoas interesadas en participar deben inscribirse neste enlace:

Posteriormente recibirán un correo de confirmación da súa inscrición e as indicacións para efectuar o pagamento da actividade. O prezo da actividade é de 20 euros, inclúe seguro e lentes protectoras homologadas.

Tendo en conta os horarios da eclipse nas nosas latitudes (o inicio da eclipse parcial será ás 19:31 e a eclipse total verase dende as 20.27 ata as 20.29 aprox.), a hora de encontro das persoas participantes será ás 19.00 h, na zona de aparcadoiro do camiño no que se inicia o ascenso na estrada provincial DP 4907.

Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/AeU8kLyut27o6oK67

Dende alí ascenderase ata o punto de observación, onde o guía ofrecerá información arredor da historia da eclipse solar total e do espazo desde onde se está a observar este fenómeno. O percorrido comprende uns 300 metros dende o aparcadoiro ata o punto de observación, maila ser unha distancia curta, a subida será lenta. Dificultade media. Recoméndase levar calzado cómodo, apropiado para o traxecto na pista de terra.

Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdAADOx-YROk681UdJ5BbJzMM0tXxeBlQCP4oYMf_Spj-DxBg/viewform?usp=sharing&ouid=102039194334344724547

Distribución de lentes protectoras para os menores de 16 anos

O Concello distribuirá para a rapazada menor de 16 anos, veciña de Moeche, lentes protectoras para observar a eclipse solar o vindeiro 12 de agosto. Poden recollerse na Casa do Concello a partir do luns 4 de agosto ata o luns 10 de agosto, en horario de 8.30 a 14.00 horas, de luns a venres

Castelo pechado ao publico en horario de tarde

O 12 de agosto, día que terá lugar a eclipse solar total, o Castelo de Moeche pechará as súas portas ao público a partir das 16 horas,