A recollida de plásticos agrícolas nas explotacións agrarias e gandeiras correspondente ao 2º cuadrimestre do ano realizarase o vindeiro 7 de de setembro, xoves.

As persoas que desexen que se lles recolla este material deben  comunicalo no Concello no teléfono 981 404 006 ou no enderezo electrónico; correo@moeche.gal. Deberán dar os seus datos, o número de CEA e a localización da explotación. Así mesmo, poderán indicar se desexan un certificado da recollida dos plásticos agrícolas que, de ser así, deberán pasar a recollelo posteriormente na Casa do Concello.

Este servizo de recollida nas granxas dos plásticos agrícolas ofréceseles con carácter gratuíto a todas as explotacións agrarias e gandeiras desde o ano 2015 ao abeiro do convenio asinado co Concello de San Sadurniño, quen nos  presta o servizo do transporte e carga e descarga.