Desde hoxe a veciñanza de Moeche poderá tramitar no propio Concello, une necesidade de trasladarse á Coruña ou a Ferrol,  o cambio de domicilio no Rexistro de Condutores da DXT   así como o Cambio de domicilio de vehículo/s no Rexistro de Vehículos da DXT, Son trámites de carácter obrigatorio , o primeiro para efectos  de notificacións sobre trámites relativos ao permiso de condución e o segundo para efectos do imposto municipal de circulación, xa que o domicilio do vehículo determina o concello en que se deberá pagar cada ano o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.

A alcaldesa, Beatriz Bascoy Maceiras , e a xefa provincial da Xefatura Provincial de Tráfico da  Coruña, Mª Victoria Gómez Dobarro, asinaron esta mañá na Casa do Concello o Protocolo de actuación para aplicar o Convenio DXT-FEMP sobre  cambio de domicilio nos rexistros da Dirección Xeral de Tráfico.

Os  dous trámites son de balde para a veciñanza, que poderá realizar un ou os dous, riscando o cadro ou cadros correspondentes da solicitude.

Así mesmo, no transcurso da reunión para a citada sinatura, a xefa provincial ofreceu o desenvolvemento de actividades de educación viaria tanto para persoas maiores  como para os máis novos. Nos vindeiros días contactarán de novo as dúas institucións para concretar e organizar xa en breve unha actividade de educación viaria para a 3º idade.