No inicio da sesión ordinaria do Pleno a Corporación municipal expresou o seu unánime rexeitamento ao terrorismo e a súa repulsa ante os atentados acontecidos en Cataluña o 17 de agosto asi como a súa solidariedade co pobo catalán e especialmente coas vítimas e as súas familias, neste momentos de profunda dor e tristura causada por fanatismos de todo tipo.
En sinal de dor e respecto, as bandeiras permanecerán a media hasta durante tres días, período de loito oficial.
Últimos comentarios