Co fin de reducir as continuas avarías nestas redes dos servizos públicos, Moeche executa os últimos investimentos deste ano de mellora da rede de abastecemento de auga e saneamento.
Os continuos atascamentos no tramo da rede de saneamento da zona do Castelo, que afectan non só á propia fortaleza senón tamén ás vivendas do contorno, asi como a reiteración das roturas nas canalización da auga municipal ao longo dos anos – en concreto nesta última ocasión ata seis roturas simultáneas- supón un elevado e continuo gasto e esixen acometer obras de substitución e reposición naquelas zonas nas que son excesivamente frecuentes. Esta situación levou ao Concello a executar, nesta ocasión, as obras de substitución integral do tramo da rede auga e ampliación así como as de reposición do saneamento que conduce á EDAR de San Xurxo.
As obras foron adxudicadas mediante contrato menor a Construcciones Mantiñan e a fontanería local Rama Hidráulica por un importe global de máis de 8.000,00€.
Ao longo do mes de novembro foron realizadas as obras – coa supervisión da Dirección Xeral de Patrimonio- que consistiron na substitución e ampliación de tramo desde a estrada provincial ata a entrada do castelo, de instalación de tuberías axeitadas, colaríns, arquetas, conexións e, no caso do saneamento, resposición de tubos e arquetas. As tarefas esixiron coidado e tempo na súa execución xa que o levantamento e reposición dos lastros houbo que realizalo con limitados medios mecánicos.
Últimos comentarios