A X Carreira popular concello de Moeche terá lugar este sábado, 21 de xuño, a partir das 18.30 en San Ramón e arredores cun total de 222 persoas inscritas. As probas para a rapazada terán os seus percorridos, coma o ano pasado, dentro da zona do recinto feiral e as rúas principais do centro urbano; a proba absoluta, de 6,5 quilómetros de trazado, chegará até a Casabranca e o CEIP San Ramón.

Pechadas xa as inscricións, un total de 222 persoas participarán na X Carreira popular Concello de Moeche. O evento organízase en seis carreiras distintas, entre as 18:30 que sae a primeira e as 19:20 que comezará a derradeira. Son probas adaptadas a todas as idades, desde os 75 m. para a categoría de Pituf@s, isto é, os nenos e nenas máis pequenas, ata os 6,5 km da proba absoluta. A saída e chegada para todas as probas estará situada no tramo paralelo á nave do Mercado

Dará comezo ás 18.30 h coa saída das participantes da categoría de Pitufos -rapazada nada en 2020-2022-, que deberán percorrer 75 metros en paralelo á Nave do Mercado. Dez minutos despois sairán as persoas participantes en Sub 8 femininos e masculinos -anos 2018 e 2019-, neste caso sobre unha distancia de 200 metros. A da categoría Sub 10-anos 2016 e 2017- arrancará a continuación para percorrer medio quilómetro de distancia por parte do centro urbano.

Ao remate destas primeiras probas, daráselle a saída ás probas Sub 12 (2014-2015) e Sub 14 (2012-2013) que completarán un circuíto de 1.000 metros, mentres que as rapazas e rapaces Sub 16 e Sub 18 (nados de 2008 a 2011) terán que darlle dúas voltas a ese trazado -2 Km.- antes de cruzar a meta.
A carreira absoluta ten estimado o seu comezo ás 19:20h e comprende as categorías Sub 20 (2006-2007), Sub 23 (2003-2005), Senior (1991-2002), Máster 1 (1985-1990), Máster 2 (1975-1984), Máster 3 (1965-1974) e Máster 4 con participantes femininas e masculinos nacidos entre os anos 1964 e anteriores. A distancia a percorrer nesta proba é de seán 6.500 metros, cun amplo circuíto que discorrerá por San Ramón e chegará até a Casabranca. O trazado é case todo asfaltado, con algúns tramos de terra e herba.

O Concello contará con persoal de voluntariado do movemento asociativo e de Protección Civil para colaborar na organización e no dispositivo de tráfico, que obrigará a cortar a circulación entre as 17.45 e as 20.30h. Antes desa hora poderá accederse aos aparcamentos da estrada provincial DP4901(San Ramón-  Cristo de Rañal) e do centro urbano, aínda que se recomenda deixar os coches fóra do circuíto, é dicir, na estrada da Feira e ao longo da Avenida 23 de Abril. No recinto feiral estará prohibido aparcar.

Aínda que a X Carreira popular de Moeche volverá ser unha festa do deporte ao aire libre concibida para facer exercicio e pasalo ben, deixando nun segundo plano a parte competitiva, tamén haberá premios simbólicos: toda a rapazada, que levarán medalla, quede no posto que quede, e nas demais concederanse tres trofeos e outros tantos queixos doados por Lácteos Moeche, tanto en feminino como en masculino. A organización tamén reserva premios para as dúas persoas empadroadas no concello que rexistren os mellores tempos.

A organización da VIII Carreira popular Concello de Moeche conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Protección Civil do Concello de Valdoviño, A X Carreira popular de Moeche está organizada pola Concellaría de Deportes coa colaboración de colectivos veciñais, A.VV Labacengos, AVCR Val de Moeche, A.C. Irmandiños, da Deputación da Coruña, de Protección Civil de Valdoviño e do Xeoparque do Cabo Ortegal. Ademais de Lácteos Moeche e FisiocheBen, tamén axudan (co avituallamento) A Tenda de Iria, A Tendiña de Moeche, o Supermercado O Cruce.

Corte da circulación
A circulación, conforme ao plan de tráfico, estará cortada entre as 18:15 e as 21.00 h. Haberá persoal voluntario en cada cruzamento, coa finalidade de facilitarlles o percorrido ás corredoras e corredores e evitar que poida entrar no circuíto algún vehículo.

As zonas afectadas polos cortes son o interior do recinto feiral, Cristo do Rañal desde preto do campo de fútbol até o CEIP San Ramón -tamén parte da estrada paralela-, e a estrada da Feira e Avenida 23 de Abril.
Desde o Concello solicítase que- chegando con antelación- se utilicen como estacionamentos as beiravías das rúas municipais que conectan coa estrada de Ortigueira -diante do CEIP San Ramón e a Avenida e 23 de abril- e tamén se poderá aproveitar para deixar o coche nunha das marxes da estrada provincial DP 4901(San Ramón- Cristo do Rañal). Lémbrase que non se poderá aparcar dentro do recinto feiral de San Ramón.