A escola

Educación

A área de Educación, xunto coa de Benestar Social, interprétase no Concello como os dous puntos fundamentais para o presente e o futuro de Moeche.

O Concello, ademais de atender as competencias que establece a lei en canto ao mantemento da escola, colabora  coa comunidade educativa na organización de actividades deportivas e culturais que axuden á  formación da rapazada. Unhas son actividades permanentes, como as denominadas  actividades extraescolares, e outras soen  enmarcarse en datas concretas  como o Día de Rosalía de Castro, Letras Galegas, Día da Non Violencia de Xénero, Entroido,  Samaín, obradoiros de educación viaria, etc.

CEIP San Ramón

O CEIP San Ramón  é o centro de ensino público no noso concello  no que se poden cursar todos os niveis de  educación infantil e educación primaria. Conta con servizo de transporte gratuíto e comedor con cociña propia. Está situado en San Ramón, localidade da parroquia de San Xoán.

Comeza a funcionar como Escola Comarcal Mixta en 1972, acollendo a rapazada das escolas do Concello, que se corresponden coas parroquias de Abade, Labacengos, San Xoán, San Xurxo e Santa Cruz.  Era un centro de 8 unidades, con 8 mestres/as, onde había un director, un secretario e unha mestra encargada do comedor. As instalacións do centro, construído entre os anos 1971 e 1972, sufriron unha reforma no curso 1990/91.

Dispón dunha zona destinada a aulas, outra á cociña e comedor e unha terceira onde se sitúa o patio cuberto, na que se encontran a biblioteca, a sala de informática e o laboratorio. Entre estas dúas últimas zonas está o ximasio. Ademais das instalacións escolares,  ten ao seu servizo en horario lectivo o pavillón polideportivo.  Os exteriores foron reformados polo Concello recentemente no 2017, tanto o patio de xogos infantís como a zona polideportiva.

Contacto:

CEIP SAN RAMÓN, Estrada da feira S/N – CP 15563

Teléfono: 881 930 329

Correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

Pódense consultar as actividades da escola no seguinte enlace

https://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/p/inicio_5.html

ANPA do CEIP  San Ramón

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP San Ramón de Moeche conta xa con máis de  35  anos  de existencia. É unha asociación na que  participaron e participan pais e nais  e que se converte nun  espazo para  colaborar de forma activa na educación escolar dos nosos fillos e fillas e fomentar a comunicación de pais e nais coa escola e entre nós mesmos.

Queremos convidarvos e animarvos a todos a participar nesta asociación  para o que explicamos brevemente algúns dos seus obxectivos:

  • Procurar que os nenos  completen a súa formación con actividades extraescolares.
  • Colaborar  coa Dirección e co claustro do profesorado para procurar un mellor funcionamento da escola.
  • Participar no Consello Escolar levando as propostas que presentan os pais e nais.
  • Representar e apoiar onde fose necesario a calquera pai ou nai que o solicite. 
  • Velar para que as administracións implicadas na educación cumpren coas súas responsabilidades legais respecto da escola e  do seu alumnado.
  • Organizar actividades complementarias e educativas

Desde o ano 2016 asínase un convenio anual para axudar económicamente ao desenvolvemento das súas actividades.

https://www.facebook.com/ANPA-CEIP-San-Ram%C3%B3n-Moeche-329851063763288/

Bolsas de axuda á formación e ao transporte

A colaboración municipal no  mantemento  do CEIP  e nos programas educativos complétase coa convocatoria das bolsas para estudos dirixidas á educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e ensino universitario.  Todos os anos se  convoca esta liña de axudas, con duas seccións, unha para os estudos  dirixida a todos os niveis de ensino  e outra, para o  transporte  dirixida aos estudos non obligatorios.

Axudas curso 2016-2017

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/11/07/2016_0000009140.pdf

http://www.concellodemoeche.com/sp/actualidade/detalle.php?id=646