Aula TIC

Contacto

Casa do Concello

Rúa da Feira, nº 32 – San Xoan
15563 Moeche (A Coruña)
Teléfonos: 981404006 / 616016793
Whatsapp: 616016793
Email: aulaticmoeche@gmail.com

Introdución

A Aula TIC do Concello de Moeche é unha aula pública equipada con ordenadores e conexión a Internet, que ten a finalidade de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica da veciñanza, facilitando que calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, poida avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

O Concello de Moeche está adherido como “Aliado Dixital” ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020. O Plan de Inclusión Dixital do Goberno autonómico pretende impulsar un novo modelo de inclusión dixital, que integre as accións para a alfabetización dixital con outras de capacitación dixital e de innovación social dixital participativa.

Nesta sección poderás coñecer a actualidade da aula e as actividades e cursos programados.