Cultura e Biblioteca

Biblioteca Pública Municipal

A Biblioteca Pública Municipal de Moeche, situada no baixo da Casa do Concello, conta cuns fondos bibliográficos e audiovisuais que acadan os 5.000 documentos, todos eles a disposición das persoas usuarias para o préstamo en sala e, en gran parte, para o préstamo domiciliario.

A alta como socio, consulta e préstamo son totalmente gratuitos.

Contacto

Teléfono: 981 404006 ext 2

Email: correo@moeche.gal

Horario

Permanece aberta de atención ao público de luns a venres, de 08.30 a 14.00 horas, e o venres pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas.

Aquí podes atopar a relación de DVDs que se poden alquilar de xeito gratuito na Biblioteca (VER)

Biblioteca municipal de Moeche

Aula informática

A biblioteca conta cunha aula informática dotada de dez ordenadores de uso público con conexión a internet, así como rede wi-fi. Esta aula está a disposición do público toda a semana agás os xoves , día que se dedica ás actividades da Aula TIC.

 

Aula TIC

¡Participa!

Suxire compras, valora os servizos,  pregúntanos…, estamos aquí para axudarche. A Biblioteca Municipal de Moeche queremos que se constrúa entre todos e todas por iso che agradecemos que nos envíes as túas suxestións e opinións así como propostas de compras para ir incrementando os nosos fondos.

Axúdanos a mellorar e a ofrecerche un mellor servizo poñéndote en contacto co correo electrónico pilar.pazo@moeche.gal