Medioambiente

A área de Medioambiental colabora e desenvolve programas que permitan avanzarmos na sustentabilidade e na conservación do noso medio a través dunha boa xetión dos residuos para mellorar os índices de reciclaxe e diminuir a cantidade de residuos que se envían a SOGAMA. O Concello conta con persoal propio para realizar o mantemento das zonas verdes, a recollida de residuos sólidos urbanos e a xestión da rede de subministración de auga.

Partindo da importancia da colaboración e implicación veciñal nesta materia, organizase actividades de formación en reciclaxe aos menores e accións de promoción da compostaxe en colaboración coas entidades municipais.

Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentábel

O Pacto das Alcaldías, naceu en 2008 impulsado pola Comisión Europea, e reúne a aquelas autoridades locais e rexionais
que, de xeito voluntario, se corresponsabilizan para alcanzar no seu territorio os obxectivos en materia de clima e enerxía
da Unión Europea. En 2016, o Pacto das Alcaldías únese a outra iniciativa a nivel local, a Coalición de Alcaldes, dando lugar
ao maior movemento de gobernos locais comprometidos a superar os propios obxectivos nacionais en materia de clima e
enerxía. Hoxe en día agrupa a máis de 7.000 autoridades locais de 57 países.

O Concello de Moeche sumouse a este Pacto das Alcaldías  en

As administración asinantes comprométense a actuar para apoiar a aplicación do obxectivo europeo de reducir os gases de efecto invernadoiro nun 40% ata o 2030 e adoptar un enfoque común para promover a mitigación e adaptación ao cambio climático. Para a consecución destes obxectivos, os concellos comprométense a presentar un Plan de acción para o clima e a enerxía sustentábel (PACES) e  Moeche aprobouno en sesión plenaria  en novembro de 2020.

Plan de acción para o clima e a enerxía sustentábel do Concello de Moeche

 

Recollida selectiva

Nos últimos meses, o Concello de Moeche levou adiante un amplo programa de desenvolvemento de servizos para que a veciñanza dispuxese dun sistema de recollida selectiva de pilas, aceite de cociña, tubos fluorescentes, plásticos agrícolas e, principalmente, voluminosos, que permitirán mellorar o medio e o entorno en que vivimos, así como a xestión dos recursos económicos do Concello.

Servizo de voluminosos

A recollida de voluminosos –servizo que botou a andar no ano 2015- ten como obxectivo acabar cos vertidos incontrolados que deterioran o medio, a flora e a fauna do noso concello, e axudar á veciñanza a desfacerse dun xeito apropiado de mobles, colchóns, aparellos frigoríficos, lavadoras, ordenadores, secadores, torradoras, e todas esas cousas vellas xa inservibles que non sabemos que facer con elas. Un servizo de carácter gratuíto que o Concello de Moeche presta para todos os fogares a través dun convenio de colaboración asinado co Concello de San Sadurniño.

Para solicitar o servizo: teléfono 981 404 006 ou no correo electrónico correo@moeche.gal

Datas de prestación do servido: último xoves de cada mes. É necesario estar empadroado no municipio ou ser propietario ou arrendatario dunha vivenda en Moeche.

Recollida de plásticos agrícolas

Desde o ano 2015 existe un servizo periódico de recollida de plásticos agrícolas, con carácter gratuito, en todas as explotacións gandeiras que o soliciten. As explotacións gandeiras que o desexen poden solicitar un certificado da recollida deste plásticos. Tamén contamos con novo Punto de Acopio para estes plásticos instalado polo concello na parroquia de Santa Cruz, Información no 9814040 06.

Data: o primeiro xoves dose meses de xaneiro, maio e setembro.

Colectores para pilas e aceite de cociña

Os aceites domésticos –soia, xirasol ou oliva- unha vez utilizados son altamente contaminantes. No ano 2017 instaláronse dous colectores para depositar o aceite de cociña usado, un no Empalme (San Ramón ) e outro en Balocos (estrada provincial cara a Gundiao).

É importante o uso destes depósitos co fin de evitar atascamentos nos saneamentos, tanto públicos como particulares, e colaborar co coidado do medio en que vivimos. Débese depositar en recipientes de plástico.

Compostaxe doméstica

Moeche sumouse á campaña de compostaxe doméstica e no 2016 fixo entrega de composteiros a todas as persoas que se inscribiron no programa. A inscrición segue aberta permanentemente co obxetivo de organizar futuras sesións formativas e a correspondente distribución. Para inscribirse na formación de compostaxe só hai que enviar un correo a correo@moeche.gal e cando se reúna o número mínimo de persoas, organízase a sesión.

Papel, vidro e plásticos

A utilización dos colectores de papel, vidro e plásticos supone unha importante colaboración no cuidado do noso medio e un aforro xa que Sogama lles cobra mensualmente aos concellos segundo o peso do lixo que se recolle depositado nos colectores verdes.

Papel e cartón. Colector azul

Podemos tirar no colector azul: papel, revistas, xornais, libros, cadernos sen espiral, bolsas de papel, folletos, papel de regalo, cartóns.

NON se debe tirar no colector azul: panos de papel usados, papel de cociña manchado, papel de magdalenas, caixas de cartón de pizza nin papel de aluminio ou bricks.

Moeche 2016: 14.000 quilos depositados.

Plásticos. Colector amarelo

Podemos tirar no colector amarelo: botellas, vasos e recipientes de plástico, bricks (envases de leite, zume, caldo, etc.), latas de conserva, bandexas e caixas de poliestireno branco, bolsas de plástico, agás bolsas de lixo, papel film e de prata, tapóns de metal, de plástico e chapas, tubos de pasta de dentes, aerosoles.

NON se pode tirar no colector amarelo: cepillos de dentes, cueiros, luvas de goma, cubertos de plástico o metálicos. xoguetes, obxectos de metal que no sexan latas, perchas da roupa, cintas de vídeo o CDs., pilas, baterías ou cables, electrodomésticos.

Recomendacións: deposita os envases completamente baleiros e o máis limpos posibles e evita colocar uns envases dentro doutros.

Vidro. Colector verde

Podemos depositar no colector verde (do vidro): botellas e frascos de vidro -de liquidos, conservas, de cosmetica ou perfumería-. É aconsellable retirar as tapas dos envases de vidro antes de depositalos.

NON debe depositarse no colector do vidro: cristais en xeral, lunas de automóbiles, bombillas, espellos, cristais de ventás, tubos fluorescentes.

Recollida de pilas

Os compoñentes das pilas son altamente contaminantes e incluso perigosos como poden ser o zinc ou o mercurio. Esta perigosidade require que utilicemos os diferentes depósitos de pilas distribuídos polo concello para así evitar que os metais pesados tóxicos contaminen o noso medio, que é o que acontece cando botamos as pilas no colector cos demais residuos.

Puntos de recollida de pilas: Casa do Concello, CEIP San Ramón, Centro de Saúde, Casa Toñito, Bar Irmandiños, Supermercado O Cruce, Supermercado Moeche.

Reciclaxe de lámpadas e tubos fluorescentes

O Concello establece un convenio coa Asociación Ambilamp para colaborar na recolllida de tubos e bombillas fluorescentes, led, etc. Na Casa do Concello instaláronse unhas caixas específicas para depositar lámpadas, tubos fluorescentes, etc. Elementos que conteñen materiais altamente contaminantes e que esixen unha coidadosa reciclaxe.

Información: www.ambilamp.es