Participación infantil

MOECHE: CONCELLO AMIGO DA INFANCIA

Moeche comezou a dar os primeiros pasos cara á participación infantil na vida municipal en novembro de 2016 a raíz da visita do alumnado do CEIP San Ramón, por proposta de UNICEF Galicia a través do seu representante Diego Rodríguez. O resultado daquela visita foi tan significativo para o desenvolvemento da xestión do Goberno local en asuntos que afectan directamente aos menores que evidenciou a necesidade de impulsarmos o proceso de participación infantil e sentarmos as bases para que acadase carácter permanente na vida municipal.

PLENOS INFANTÍS

Moeche é un Concello Amigo da Infancia – O proceso Un Concello Amigo da Infancia é calquera cidade, vila, aldea, comunidade ou sistema de goberno local comprometido co cumprimento dos dereitos das nenas, dos nenos e das persoas adolescentes de conformidade coa Convención sobre os Dereitos da Infancia. Debe converterse nun concello onde as necesidades, as prioridades e os dereitos das nenas e dos nenos constitúan un dos eixos das políticas, dos programas e das decisións públicas. Os gobernos locais identifican una serie de metas para acadaren no ámbito dos cinco obxectivos marco da iniciativa: As voces, necesidades e prioridades de cada neno e nena escóitanse e considéranse nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas as decisións que lles afectan. • Cada neno e nena é valorado, tratado e respectado xustamente dentro da súa comunidade. • Todos os nenos e nenas teñen acceso a servizos esenciais de calidade. • Todas as nenas e nenos teñen a oportunidade de gozar da vida familiar, do xogo e do lecer. O programa Concellos Amigos da Infancia é unha iniciativa liderado por UNICEF en máis de 30 países, incluído España, que apoia aos Gobernos municipais nos seus esforzos por facer realidade o seu compromiso cos dereitos de infancia. En agosto de 2017 o pleno municipal acordou adherirse ao selo de UNICEF e dous meses despois aprobouse a configuración que tería o Consello Local da Infancia e a Adolescencia -CLIA- e maila Mesa de Coordinación Interna de Participación Infantil, encargada de estruturar a participación e de levar ao papel tanto a diagnose da situación de partida como o plan de actuacións, nutrido en boa parte polas achegas expresadas nos plenos polos nenos e nenas. O 7 de maio de 2018 presentou a súa candidatura e o 26 de outubro do mesmo ano, coñeceuse a decisión de UNICEF Comité Español e outras entidades responsables -Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, FEMP e o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia- de elixir a candidatura de Moeche como unha das Cidades Amigas da Infancia. Un mes máis tarde, Moeche recibía nun acto na cidade de Oviedo o distintivo de “Cidade Amiga da Infancia”.

Documentos de traballo da candidatura:

Renovación selo da infancia. Documentos de traballo:

Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA)

En  novembro de 2017 o Concello de Moeche aprobou en sesión plenaria a constitución do seu Consello Local da Infancia e Adolescencia, o primeiro órgano municipal de participación infantil.  Durante o ano 2018 púxose en marcha coa incorporación dos diferentes membros.

O Grupo de Participación da Infancia e a Adolescencia – GPIA

O GPIA está constituído, como mínimo, polos nenos e nenas e adolescentes que forman parte do Consello Local da Infancia e Adolescencia.  A este grupo pódense sumar todos os menores de 8 a 17 anos (menores de 18) que residan no Concello de Moeche.

AS REUNIÓNS DO GPIA

    • Reunión de 29 de setembro de 2018
    • Reunión de 27 de outubro de 2018
    • Reunión do 5 de novembro de 2018
    • Reunión do 1 de decembro de 2018
    • Reunión do 23 de febreiro de 2019
    • Reunión do 6 de abril de 2019
    • Reunión do 21 de setembro de 2019
    • Reunión do 26 de outubro de 2019
    • Reunión do 9 de novembro de 2019
    • Reunión do 14 de decembro de 2019
    • Reunión do 25 de xaneiro de 2020
    • Reunión do 29 de febreiro de 2020. Acto Conmemoración Rosalía- O galego rebélase
    • Reunión do 24 de abril de 2020 (telemática)
    • Reunión do 29 de abril de 2020 (telemática)

Os proxecto estrela durante a pandemia: O circuíto modestino

A rapazada do Consello Local da Infancia e Adolescencia achegou, na primavera de 2021, a proposta ao Concello da creación dun circuíto de Educación Viaria no recinto feiral de San Ramón.

Este foi o proxecto máis grande que levaron adiante ata o de agora, botou a andar a comezos do 2021, e aló polo mes de marzo O Consello Local da Infancia e a Adolescencia convocou unha xuntanza coa alcaldesa e a concelleira responsable de Infancia e Mocidade para presentar o proxecto no que levaban traballando desde principios de ano, centrado na educación viaria. A sua idea foi a posta en marcha dun circuíto temporal no recinto da feira de San Ramón no que a rapazada poida aprender a desenvolverse con seguridade na vía pública, poñéndose tanto no lugar de quen conduce un vehículo e como no de quen transita polas beirarrúas e os pasos peonís. Para iso a proposta contemplaba unha parte formativa ofrecida por adultos -normas de circulación, sinais, precaucións…- pero tamén a sinalización horizontal e vertical e vehículos para que a experiencia sexa o máis próxima á realidade.

Despois de semanas traballando nesta iniciativa, as nenas e nenos do CLIA definiron máis ou menos as liñas mestras, e a petición para o Concello foi que colaborase facéndose co material necesario -principalmente a sinalización e os coches- e botando unha man na coordinación, da que se encargaría a propia rapazada. O deseño e pintado levárono a cabo con axuda de membros da maioría de entidades veciñais e sociais do municipio, das familias e tamén contaron con Pedro Caneiro, un dos policías locais que se encarga da educación viaria no Concello de Narón.

Alén da sinalización horizontal e vertical, o Circuíto Modestino -ese é o nome elixido polos pequenos, que tamén deseñaron o logo- dispón de cascos, chalecos reflectores e un par de karts de pedais mercados polo Concello para completar a experiencia neste novo equipamento, pensado como espazo de lecer e lugar para a concienciación das nenas e nenos como peóns responsables e futuras condutoras seguras. E ademais dos vehículos comprados polo Concello, outros en bo estado foron doazóns de veciños grazas á campaña “Recobici” organizada polo Consello Local da Infancia e a Adolescencia e o consistorio para a recollida de bicicletas, triciclos, patíns, karts e calquera vehículo que se atope en bo estado, para incrementar o parque móbil dispoñible.

Hoxe a rapazada continúa a traballar na xestión e dinamización do circuíto, con diferentes actividades, a máis recente, unha xornada de presentación á que chamaron “Compartindo no circuito modestino” o venres 16 de xuño de 2023 e na que estiveron convidadas as escolas de Moeche, Cerdido e Somozas. Unha xornada na que a rapazada, acompañada de algún dos seus titores, puido gozar dunha xornada ben completa. Ao chegar, foron divididos en 3 grupos nos que compartían nenas e nenos de diferentes idades e centros educativos.

O primeiro grupo comezaba polo circuíto cunha clase ben completa de educación viaria na que contaron co apoio de Pedro e Sonia da Policía Local de Narón. Ademais de aprender sobre normas de tráfico e sinalización nos karts e bicicletas, tiveron oportunidade de comprobar os perigos do consumo de alcol, a través dunhas gafas que simulaban os efectos dunha taxa media e alta de alcolemia mentres lles tocaba sortear diferentes obstáculos. O segundo grupo debía unirse a Daniel Feijoo, técnico de deportes do concello, que lles tiña preparados diferentes e divertidos xogos nos que auga foi a protagonista. E para o terceiro grupo, Tania Merelas -técnica dinamizadora do GPIA- tiña preparada na mave do mercado unha actividade, na que a través dun xogo de pistas, as nenas e nenos descubriron mulleres destacadas do mundo deportivo, centrándose no eido do motor e do ciclismo. Deste xeito os 3 grupos foron rotando e participaron en todas as actividades.
E para rematar esta xornada de festa, tiveron un peche cheo de risas coa actuación de Peter Punk, que fixo pasar un bo rato a grandes e pequenos co seu espectáculo de humor e clown, CHUNGO QUE TE CAGAS!
O noso agradecemento ao profesorado e alumnado dos CEIP San Ramón de (Moeche), CEIP A Barqueira (Cerdido) e CEIP O Marbán (As Somozas) pola sua boa disposición e colaboración nesta proposta. Ao persoal técnico e traballadores municipais polo seu traballo. E agradecemento especial ao Concello de Narón e nomeadamente a Pedro Caneiro e Sonia López, membros da Policía Local.

Participación infantil e crise do COVID-19

A rapazada do Consello Local da Infancia e Adolescencia segue traballando, o 24 de abril mantiveron a primeira reunión telemática coa dinamizadora de Arabías Coop, que os acompaña nas reunións presenciais que fixeron nos últimos meses, para preparar a súa contribución nesta situación en que vivimos. Nos primeiros minutos da xuntanza uniuse a alcaldesa para agradecerlles o seu traballo e saber como levan o confinamento.

Con estes encontros telemáticos procuran seguir co seu traballo grupal durante o tempo que duren as restriccións. Neles reflexionan sobre a situación que estamos a vivir, informanse e comparten as súas sensacións e pensamentos.

E aquí tedes o resultado do seu traballo, primeiro coa publicación hai dúas semanas dun vídeo explicativo sobre a COVID-19 no que abordan -e bordan- a información sobre o virus e a enfermidade que causa, con mención detallada das medidas de obrigado cumprimento que seguen activas para evitar o seu avance: manter a distancia de seguridade, non saír da casa se se teñen síntomas, tusir ou esbirrar contra panos desbotables, non tocar os ollos, a boca ou o nariz, etc. A peza leva de banda sonora o “Tempestades de sal” da cantautora Sés e montouse coas achegas de Ainhoa, Anxo, Érika, Zeltia, Sandra, Marta, Leti, Carlos, Antón, Émily, Adrián, Elías e Carme, quen mandan mensaxes de responsabilidade e, sobre todo, de esperanza e ánimo para toda a xente de Moeche.

Agora soben un segundo vídeo e inician unha campaña en redes sociais, coa que queren compartir de que maneira se entretiveron e aínda se entreteñen na casa durante o Estado de Alarma. Ler, andar na bici, xogar á “Play”, pintar, cociñar, facer doces… son algunhas das cousas que se mostran na montaxe. “Coidámonos divertíndonos e aproveitando estes momentos para facer o que nos gusta”, empeza dicindo o vídeo mentres que, ao remate, se convida a toda a veciñanza de Moeche -principalmente a rapazada- a que comparta os seus propios vídeos co pechacancelas #DivírtomeNaCasa.

UNICEF GALICIA – ACTUALIDADE

En UNICEF seguen traballando durante esta crise para manternos informados a través do seu blog e a páxina web. Deixámosvos os enlaces a algunha das publicacións que vos poden ser de interese e animámosvos a consultar todas as súas publicacións.

Última actualización 7.07.2020
Os nenos, nenas e adolescentes galegos tamén teñen moito que dicir de cara á próxima lexislatura. Desde os consellos locais de participación lanzan as súas propostas para o #12X. Eles son #AVozDaInfanciaGalega

Ademais deste vídeo, desde UNICEF, publican un documento con 35 proposta políticas para Galicia que achegaron a tódalas formacións políticas.

DESCARGAR O DOCUMENTO

Última actualización 27.06.2020
Os nenos e nenas necesitan actividades de verán
Os nenos e nenas necesitan un verán no que se vele polos seus dereitos e se atenda á súa protección, alimentación saudable, socialización e participación. Pero todo son dúbidas : que vai a suceder coas actividades de lecer e recreación estivais? Como lograr o equilibrio entre o cumprimento das medidas sanitarias e de prevención e o benestar da infancia? Recollemos opinións de diferentes ámbitos de intervención  https://ciudadesamigas.org/covidunder19-encuesta-coronavirus/

#CovidUnder19: únete á enquisa global sobre a infancia na pandemia
#CovidUnder19 é un proceso participativo protagonizado pola infancia cuxo obxectivo é recompilar información sobre como nenos e nenas de todo o mundo están a vivir a pandemia da COVID-19 e involucralos na resposta. A enquisa está aberta do 18 de xuño ao 18 de xullo de 2020, e podes respondela a través de Facebook Messenger ou Whatsapp (+66 800 249 442) https://ciudadesamigas.org/covidunder19-encuesta-coronavirus/

Última actualización 14.05.2020
Guía para crear conciencia e tomar acción fronte ao COVID-19 https://ciudadesamigas.org/documentos/guia-tomar-accion-covid19/
A linguaxe adaptada á infancia: Pautas e recomendación para a saída á rúa de nenos e nenas https://ciudadesamigas.org/documentos/covid19-pautas-y-recomendaciones-para-la-salida-a-la-calle-de-ninos-y-ninas/
“[…] Moitas cousas cambiaron drasticamente para nenos, nenas e adolescentes coa chegada do novo coronavirus. A súa rutina, o xogo ao aire libre, os espazos de educación, o contacto cos seus compañeiros e familia… Para moitos deles trátase dun cambio crucial: os seus dereitos poden verse ameazados neste novo escenario onde o que prima é vencer á pandemia https://ciudadesamigas.org/covid19-recomendaciones/

“O medo é unha emoción moi pouco valorada. Pero como toda emoción, é útil. Permítenos protexernos e defendernos. E o mesmo pasa coa rabia. Ante esta situación, sexamos conscientes das nosas emocións, identificándoas e compartíndoas. Máis que nunca, agora é importante facer equipo, cos nosos compañeiros e cos propios rapaces e rapazas aos que atendemos. E permitámonos coidar, tamén de forma consciente, de nós mesmos.” https://www.unicef.es/blog-proteccion/vivir-el-miedo-pautas-de-autocuidado
Regularmente van actualizando os contidos na web www.unicef.es/educa onde podedes atopar máis información.

Sección de novas 

A alcaldesa reuniuse co novo xefe territorial de Educación para requirir melloras no CEIP San Ramón.

  A alcaldesa, Beatriz Bascoy, mantivo esta semana unha xuntanza co xefe territorial de Educación da Coruña, Santiago Freire, para trasladarlle as necesidades máis urxentes do CEIP San Ramón, competencia da Xunta de Galicia, e avanzar nas melloras para o centro O...

Verán en acción 2026: Moeche pon en marcha o programa de actividades deportivas de verán

O Concello de Moeche abre o prazo de inscrición para as actividades deportivas do programa Verán en Acción 2026, que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto. Natación infantil, aquagym para persoas adultas, tenis e exercicio físico ao aire libre conforman...

Campamento de verán Sementeira 2026: xa está aberto o prazo de inscrición

O Concello de Moeche pon en marcha un ano máis o campamento de verán Sementeira, un programa de actividades lúdicas e educativas dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, pensado para axudar as familias na conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante...

A Concellaría de Deportes ofrece o domingo 31 de maio a undécima edición da carreira popular

Unha cita clásica no calendario deportivo amador da comarca que presenta a partir das 11:00 h do 31 de maio percorridos para todas as idades, desde os escasos 75 metros que correrá a rapazada máis pequena até os 6,5 quilómetros do trazado deseñado para a rolda...

Aberto o prazo para as axudas municipais ao estudo e transporte 2026

O prazo para solicitar as axudas ao transporte e ao estudos da anualidade 2026  ábrese desde mañá ,13 de febreiro, por un período de 15 dias hábiles, rematará o prazo o 6 de marzo. Dependendo do curso no que se teña matrícula, do nivel de renda per cápita da unidade...

Os Reis Magos iniciarán este venres en Moeche o seu percorrido pola comarca

O Concello de Moeche organiza o vindeiro venres día 2, a partir das 17:00 horas, a tradicional Festa de Reis, cun completo programa de actividades dirixidas á rapazada e ás familias. Desde as 17:00 horas haberá inchables para maiores e pequenos, así como a actuación...

O Concello ofrece de novo o Campamento Deportivo de Nadal nos días centrais das festas

O campamento desenvolverase os días 22, 23, 29 e 30 de decembro en horario de 10:00 a 14:00h tendo como base o Pavillón Municipal, aínda que se veñen días solleiros tamén se farán algunhas actividades no exterior. A taxa por cada nena ou neno é de 25€ e inclúe os...

25N en Moeche: unha chamada colectiva contra as violencias machistas

O Concello de Moeche súmase un ano máis á campaña De Fronte da Deputación da Coruña, un movemento que busca frear o avance dos discursos de odio, o conservadurismo relacional e o uso violento das novas tecnoloxías, tal e como amosan as mensaxes reais reproducidas nos...

Moeche celebra o Día Mundial da Infancia

Hoxe, 20 de novembro, coincidindo co Día Mundial da Infancia, a Xunta de vocerías do Concello de Moeche aprobou a declaración institucional en defensa dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes. Esta data é unha ocasión especial para lembrar que a infancia non é só o...

Cubertas todas as prazas na primeira quenda do Sementeira

O próximo día 1 comeza unha nova edición do campamento Sementeira, que rematará o 29 de agosto. Na primeira quenda, a do mes de xullo, hai 33 nenas e nenos inscritos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, na súa maioría alumnado do CEIP San Ramón ou ben con...

O Concello abre do 9 ao 18 de xuño o prazo de solicitude para o Sementeira

O Concello manterá aberto do 9 ao 18 de xuño o prazo de solicitude do campamento de conciliación Sementeira que se vai desenvolver durante os meses de xullo e agosto. Nel poderán anotarse nenas e nenos con idades entre os 3 e os 12 anos -con preferencia para o...

Moeche participa no 8º Encontro estatal de infancia e adolescencia en Bilbao

Anxo Canosa Casanova, Hector Orjales Luaces e Zeltia Pedreira López, membros do grupo do Consello Local de Infancia e Adolescencia, acompañados da concelleira de Ensino, Infancia e Cultura, Alba Fernández Orjales , participan esta fin de semana no 8º Encontro Estatal...

A ilusión da chegada dos Reis Magos encheu a nave do Mercado

Unha das primeiras paradas na comarca dos Reis Magos de Oriente foi este venres 3 de xaneiro na nave do mercado en Moeche, que unha vez máis acolleu numeroso público desexoso de recibir os Magos de Oriente. Mentres os Reis non chegaban, a rapazada puido gozar da festa...

O Concello organiza a recepción aos Reis Magos para o venres 3 de xaneiro

Os Reis Magos levan varios anos chegando a Moeche moi cedo. E este 2025 que imos estrear nuns días non vai ser menos. Para iso o Concello tenlles organizada unha recepción ao Reis Magos de Oriente á altura da súa espectacular maxia e ilusión; comezará o venres 3 ás...

A ANPA do CEIP San Ramón apoia e impulsa as demandas da comunidade educativa

Esta semana que remata a ANPA do CEIP San Ramón entregou máis de 3400 sinaturas para demandarlle á Consellería de Educación o desdobramento da aula do 1º ciclo de Primaria, a incorporación de profesorado de Pedagoxía Terapéutica  así como un mestre ou mestra de apoio...

Moeche recibe o distintivo da súa renovación como Concello Amigo da Infancia e Adolescencia

Hoxe sábado, 21 de setembro, Moeche celebrou o acto de entrega do distintivo de renovación como Concello Amigo da Infancia. A rapazada que forma o Grupo de Participación Infantil e Adolescencia de Moeche encargouse, con axuda do persoal municipal, de colocar a placa...

ESCOLAS MUNICIPAIS CULTURAIS E DEPORTIVAS 2024-2025

No mes de outubro o Concello de Moeche porá en marcha de novo as distintas escolas municipais cun amplo abano de propostas deportivas e culturais para todas as idades. O prazo de inscrición estará aberto desde o 30 de setembro para as deportivas e desde o 23 de...

Comeza a inscrición nas actividades deportivas de Verán en Acción

A oferta de actividades ao aire libre volve coa chegada do verán e o tempo de sol. Desenvolveranse actividades deportivas para persoas adultas e para a xente miúda, que dinamizarán o verán en Moeche, xunto á programación cultural, turística, que en breve se anunciará,...

A piscina municipal abrirá as súas portas o vindeiro 23 de xuño

A piscina municipal abrirá as súas portas o vindeiro 23 de xuño ata rematar a tempada o 8 de setembro. Se ben a piscina abre ao público o domingo 23, o sábado 22 xa a poderán visitar as nenas e nenos da escola de Moeche coas súas familias, para gozar dunha xornada...

En marcha unha nova edición do campamento de conciliación “Sementeira”

O Concello manterá aberto do 10 ao 19 de xuño o prazo de solicitude do campamento de conciliación Sementeira que se vai desenvolver durante os meses de xullo e agosto. Nel poderán anotarse nenas e nenos con idades entre os 3 e os 12 anos -con preferencia para o...

O Concello aproba a convocatoria de axudas ao ensino 2024 con subas en varios tramos

O Boletín Oficial da Provincia deste luns 15 de xaneiro publicou as bases das axudas municipais para  gastos de estudo e desprazamentos do alumnado de Moeche. O importe total que se distribuirá entre as solicitudes que cumpran os requisitos ascende a 15.000 euros....

O Concello inviste arredor de 5.000 euros en distintas melloras no CEIP San Ramón

Aproveitando o parón escolar do Nadal, o Concello de Moeche está levando a cabo varias obras no CEIP San Ramón, co obxectivo de mellorar as condicións en que se desenvolven as actividades educativas. Así, dentro do plan de conservación das instalacións, o consistorio...

Os Reis encherán de ilusión a nave do Mercado na tarde deste mércores

O Papá Noel e o Apalpador son figuras destas festas que a rapazada agarda con moita ansia. Pero os Reis Magos son o top. Baltasar, Gaspar e Melchor levan séculos xogando na primeira división das ilusións infantís, colmando as nenas e nenos -e tamén ás persoas adultas-...

13 nenas e nenos participan no Campamento Deportivo de Nadal

O pavillón municipal é durante esta semana un rebumbio constante. Fútbol sala, tiro con arco, xogos cooperativos, escalada e outras actividades encherán até o venres as mañás das 13 nenas e nenos inscritos no Campamento Deportivo de Nadal, unha proposta a medio camiño...

O Concello volve organizar o Campamento Deportivo de Nadal nos días centrais das festas

O Concello volve organizar o Campamento Deportivo de Nadal nos días centrais das festas Alén do mercado e da visita real, en Moeche haberá máis oferta de lecer para as nenas e nenos. De feito, a Concellería de Deportes volverá organizar o Campamento Deportivo de Nadal...

Lemas contra a violencia machista na xornada central do 25N

Moeche programou varias actividades con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se celebra este sábado. O acto central terá lugar precisamente ese día, coa lectura no Mercado -a partir das 11:30h- de textos a prol da igualdade e do...

Intensa actividade do CLIA de Moeche arredor do Día Internacional da Infancia

O Consello Local da Infancia e a Adolescencia de Moeche ten cuberta durante este mes de novembro e parte de decembro unha intensa e apretada axenda de actividades, centradas por unha banda na asistencia a distintos foros para compartir coñecemento e experiencia e, por...

Comeza o novo curso escolar 2023/24

O CEIP San Ramón recibíu hoxe ao alumnado para darlle comezo ao novo curso. Nas semanas previas o Concello encargouse de desenvolver distintas tarefas de mantemento e mellora das instalacións co obxectivo de poñelas a punto para o inicio dun novo curso. Os traballos...

Moeche, San Sadurniño e Narón solicítanlle á Xunta unha solución “urxente e definitiva” para o transporte do alumnado de Bacharelato

A piques de comezar un novo ano académico, o transporte para a rapazada de Bacharelato de Moeche, San Sadurniño e Doso (Narón), -que ten como centro de referencia o IES Fernando Esquío de Neda- segue sen arranxarse. O ano pasado, trala presión das ANPAs e dos...

Cubertas todas as prazas na primeira quenda do campamento Sementeira

O próximo día 3 comeza unha nova edición do campamento Sementeira, que rematará o 31 de agosto. Na primeira quenda, a do mes de xullo, hai 31 nenas e nenos inscritos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, na súa maioría alumnado do CEIP San Ramón ou ben con...