O Concello de Moeche abre o prazo de inscrición para as actividades deportivas do programa Verán en Acción 2026, que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto. Natación infantil, aquagym para persoas adultas, tenis e exercicio físico ao aire libre conforman unha oferta pensada para todos os grupos de idade.

Prazo de inscrición e inicio das actividades

Xa poden formalizarse as inscricións, de luns a venres, en horario de atención ao público (08.30 a 14.00 h), no Rexistro Xeral da Casa do Concello, ou ben de forma telemática a través da sede electrónica municipal (www.moeche.gal). As actividades darán comezo na primeira semana de xullo e rematan a finais de agosto.

As follas de inscrición están dispoñibles no Departamento de Deportes, no Rexistro Xeral e ao final desta nova.

Programa de actividades

Actividade Público Horario Lugar Prezo
Natación infantil — iniciación Menores de 16 anos Mércores e venres, 12.30–13.15 h Piscina municipal de Soutogrande 15 €/mes · 30 € curso completo
Natación infantil — perfeccionamento Menores de 16 anos Mércores e venres, 11.30–12.30 h Piscina municipal de Soutogrande 15 €/mes · 30 € curso completo
Natación e aquagym para adultos Maiores de 16 anos Luns e xoves, 12.00–13.00 h Piscina municipal de Soutogrande 20 €/mes · 40 € curso completo
Tenis infantil Menores de 16 anos Luns, 11.00–12.00 e 12.00–13.00 h (dous grupos segundo nivel) Pistas de tenis e pádel de Abade 20 €/mes · 40 € curso completo
Exercicio no parque Maiores de 55 anos Martes e xoves, 10.30–11.30 h Parque biosaudable (Casa do Concello) 12 €/mes · 9 €/mes maiores de 65 anos

Están previstas bonificacións nos prezos para familias numerosas, maiores de 65 anos, persoas con discapacidade recoñecida superior ao 33 %, titulares do carné xove e para aquelas unidades familiares con máis dun participante na mesma actividade. As persoas sen capacidade económica acreditada poderán solicitar a exención total da cota, previo informe dos Servizos Sociais Municipais.

Andainas nocturnas Entre lusco e fusco

Un verán máis, o programa de rutas nocturnas Entre lusco e fusco convida á veciñanza a descubrir o territorio de Moeche á caída da noite. As datas desta edición son:

  • Sábado 4 de xullo, por San Xurxo, ás 21.30 h
  • Sábado 8 de agosto, por Santa Cruz, ás 21.00 h

As andainas son de balde. É preciso levar lanterna ou foco, chaleco reflector e roupa e calzado axeitados. Os menores deberán ir acompañados dun adulto. As inscricións realizaranse a través do correo electrónico daniel.feijoo@moeche.gal.

Fichas de inscrición:

Natacion infanti iniciación

Natación infantil perfeccionamento

Aquagym

Tenis

Ximnasia no parque