Ás portas do outono, o Concello de Moeche pon en marcha as distintas escolas municipais, que regresan á actividade cunha chea de propostas deportivas e culturais para todas as idades. O prazo de inscrición estará aberto desde o 3 de outubro a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres. As escolas irán comezando na semana do 9.

Nas escolas municipais deportivas poderemos practicar até o mes de maio exercicios de mantemento suaves ou aplicarnos máis a fondo con pilates, spinning ou circuítos de forza. Ademais, para a xente miúda e a mocidade regresan as actividades gratuítas dirixidas principalmente ao alumnado do CEIP San Ramón, como son a patinaxe, o tenis e o atletismo.

Para que as escolas vaian adiante farán falla grupos mínimos e os horarios poden variar dependendo da demanda. As prazas dispoñibles, que son limitadas, irán asignándose por orde de petición dándolle prioridade á veciñanza de Moeche e a aquelas persoas que asistisen ao curso completo na temporada 2022/2023.

As actividades extraescolares deportivas para a rapazada serán de balde, mentres que as das persoas adultas rexeranse polos prezos públicos marcados na ordenanza reguladora nº 16.

Actividades deportivas para persoas adultas

Días

Horarios

Lugar

Exercicio saudable Maiores+

luns, martes e xoves

17:00 a 17:50h

Local social Abade

18:10 a 19:00h

Pavillón Municipal

Pilates

mércores e venres

10:00 a 11:00h

Local social de Abade

luns e xoves

19:10 a 20:00h

Pavillón Municipal

martes

20:10 a 21:00h

Adestramento funcional

(circuítos de forza, aeróbicos, core…)

martes

19:10 a 20:00h

Spinning

luns e xoves

20:10 a 21:00h

 

Actividades deportivas para a rapazada

Días

Horarios

Lugar

Iniciación á patinaxe

(4 a 7 anos)

martes

15:45 a 16:45h

CEIP San Ramón / Pavillón Municipal

Perfeccionamento patinaxe

(8 a 12 anos)

luns

Atletismo

(6 a 12 anos)

xoves

Iniciación ao tenis

(5 a 8 anos)

mércores

Perfeccionamento tenis

(9 a 16 anos)

mércores

17:00 a 17:50h

Escolas municipais culturais con novidades
Ademais de escolas deportivas, o Concello de Moeche tamén promove a escola de teatro dirixida por Pepablo Patiño, que incorpora como novidade a formación dun grupo infantil con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos.

Outra novidade das escolas culturais é a iniciación ao baile tradicional, co obxectivo de aprender os puntos básicos de muiñeiras, jotas e outras coreografías habituais en foliadas. As sesións desenvolveranse o 2º e 4º sábado de cada mes ás 12:00h na Nave do Mercado.

Tanto para o teatro -de persoas adultas e de rapazada- como para o baile tamén farán falla grupos mínimos de unhas 8 ou 10 persoas de cara a soster as actividades durante todo o curso. Pode ampliarse información no correo pilar.pazo@moeche.gal. Velaí os horarios previstos, suxeitos a variacións dependendo da demanda:

Actividades culturais

Días

Horarios

Lugar

Prezo

Teatro persoas adultas

(+14 anos)

xoves

20:00 a 22:00h

Centro Cultural Francisco Piñeiro (Abade)

12€/mes

Teatro infantil

(6 a 13 anos)

xoves

18:00 a 19:30h

12€/mes

Iniciación ao baile tradicional

(todas as idades)

2º e 4º sábado de mes

12:00h

Nave do Mercado

10€/mes

As inscricións nas escolas culturais poderán facerse desde o 3 de outubro a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres. As peticións tamén se atenderán por orde de entrada das solicitudes.

Fichas de inscrición
Exercicio saudable Maiores+
Pilates
Adestramento funcional
Spinning
Escolas infantís deportivas
Teatro adult@s
Teatro infantil
Baile tradicional