A piscina municipal de Souto Grande abre as súas portas o luns 22 de xuño e manterá a tempada ata o 6 de setembro, con horarios e prezos iguais aos do ano pasado.

Antes da apertura oficial, o sábado 20 de xuño a piscina estará reservada en exclusiva para a rapazada do CEIP San Ramón e as súas familias, que celebrarán a súa festa de fin de curso organizada pola ANPA en colaboración co Concello.

Horarios

Luns a venres Sábados, domingos e festivos
Xuño 16 a 21.00h 14 a 21.00h
Xullo e agosto 15h a 21.00h 14 a 21.00h
Setembro 16 a 20.00h 14 a 20.00h

Abonos de tempada

As persoas empadroadas en Moeche poderán tramitar o seu abono a partir do martes 9 de xuño, e as non empadroadas a partir do luns 15 de xuño. Os trámites poden realizarse presencialmente na Casa do Concello, de luns a venres de 9:00 a 14:00h, ou na sede electrónica moeche.gal, presentando os formularios para descargar ao final desta nova. As entradas para días soltos mercaranse directamente no ambigú da piscina.

Os prezos, mantéñense igual ca o ano anterior, do seguinte xeito:

Cota de entrada pública
Menores de 3 anos gratis
Infantil (ata 12 anos) 2,00€
Entrada xeral (máis de 12 anos) 3,00€
Grupos de alumnado de educación infantil, primaria ou especial ou de campamentos de verán de fora da localidade (máis de 5 persoas) 1,50€
Abono de tempada
Infantil (ata 12 anos) 15,00€
Persoas de máis de 12 anos 30,50€
Familiar (ata 4 persoas*) 58,50€
Familiar (a partir da 5ª persoa*) 12,00€

* As persoas usuarias que integren o abono familiar deberán ter unha vinculación directa entre elas, por afinidade o consanguinidade de 3º grao (avós/as, pai/nai, fillos/as, irmá/a, tíos/as, sobriños/as, bisavós, bisnetos)

Descarga a documentación en formato pdf pinchando sobre o nome:

Ficha bono infantil

Ficha bono adulto

Ficha bono familiar

Para máis información podedes chamar ao Concello no tlf. 981 404 006 ou escribir a daniel.feijoo@moeche.gal