O Concello xa lles comunicou ás persoas autónomas e microempresas beneficiarias a adxudicación definitiva das axudas, polo que xa se pode presentar a documentación xustificativa dos gastos efectuados e efectivamente pagados dentro do período comprendido entre o 01/03/2020 e o 31/12/2020. O último día para achegar as xustificacións é o 31 de marzo, aínda que desde o Concello recoméndase presentalas o antes posible, posto que o pagamento das axudas irase facendo a medida que vaian rexistrándose na Sede Electrónica e despois de comprobar que toda a documentación é correcta.

O Concello aboará o importe das subvencións concedidas-   máis de 27.500,00€-  logo da presentación das facturas ou outros documentos legalmente admitidos correspondentes a gastos subvencionables establecidos na base 7,  efectuados entre o 1 de marzo e o 31 de decembro do 2020 así como os xustificantes bancarios do seu pagamento. No caso de que as facturas non teñan os conceptos de gasto debidamente especificados, deberán entregar un documento aclaratorio do seu contido, que debe axustarse aos conceptos subvencionados ao amparo desta convocatoria.

Débese ter en conta que a subvención non cubrirá o ive (só se sumarán as bases impoñibles dos gastos). Tamén é moi importante ter en consideración que as axudas municipais son compatibles coas convocadas por outras administracións pero en ningún caso o importe conxunto que se reciba  poderá superar o total do gasto efectuado.

Coa fin de facilitar o procedemento de xustificación é importante lembrar tamén a obriga (base 14 das axudas) de dar publicidade ao carácter público do financiamento da actividade realizada, figurando expresamente nun lugar visible do centro de traballo e páxina web, logotipo do Concello, da Deputación e mención expresa ao Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.

Para todos aquelas beneficiarias que na solicitude indicasen o uso do galego na actividade, esta situación deberase acreditar na xustificación a través de fotografías da cartelería, ou enlaces á páxina web ou redes sociais das empresas nas que se acredite dito uso.

Cómpre ter en conta, por último, que as axudas do PEL-Reactiva son compatibles coas concedidas por outras Administracións coa mesma finalidade, aínda que sempre sen superar o importe dos gastos realmente efectuados e sen sobrepasar en conxunto os 40.000 euros.

Logotipos descargables para a publicidade

Imaxe para publicidade PEL .Reactiva. PDF

Imaxe publicidade en jpg

Bases reguladoras