Nuns días estaremos ao pé das lumeiradas coa familia, as amizades e a veciñanza. Debemos lembrar que xa se pode presentar no Concello a obrigada comunicación previa da realización das fogueiras, para indicar onde e cando a imos facer. O Concello remitiralle esta comunicación ao Distrito Forestal.
Como calquera outro ano hai que comunicar a realización do lume de San Xoán e hai que facelo a través do documento que ofrece o Concello. Poderán presentarse ata o xoves 19 de xuño.
Débese entregara comunicacioón. no modelo que ofrece o Concello, no rexistro da Casa co Concello, ben presencialmente de luns a venres, de 8.30 a 14.00 horas , ou ben na sed electrónica do Concello de Moeche www.moeche.gal.
É obrigado adoptar determinadas precaucións así como as medidas de seguridade necesarias indicadas no Decreto 105/2006, do 22 de xullo, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, e demais normativa vixente neste eido.
Cómpre destacarmos que estamos obrigados a:
– Antes de comezar , debemos limpar de calquera material combustible unha franxa de 5 metros arredor da fogueira e nunca preto de espazos con vexetación ou tendidos da luz ou do teléfono.
– Non facer a lumeirada se vai, moito vento antes de comezar ou unha vez acendido o lume, ou tamén se as condicións meteorolóxicas sexan adversas.
– Débese viciar permanentemente o lume mentres estea acceso , incluso se hai brasas.
– Débese contar cos medios- auga suficiente- e persoas para controlar o lume
– Por sentido común, antes de abandonar o espazo, o lume debe estar totalmente apagado.
– Teléfono ao que chamar por se xorde algunha incidencia: 085 ou 112.
Últimos comentarios