O luns 19 ábrese para o público a piscina municipal e a Área Recreativa Souto Grande unha vez rematadas as obras de acondicionamento e mellora do conxunto do recinto , financiadas no programa PAS da Deputación da Coruña. O domingo 18 de xuño este espazo permanecerá reservado para celebrar unha xornada de convivencia e portas abertas. A xornada está organizada polo Concello de Moeche e ANPA do CEIP San Ramón para os nenos e nenas de Moeche e as súas familias – que terán entrada gratuita á piscina. Deste xeito a ANPA celebra a festa de fin de curso e o Concello ofrece unha xornada de portas abertas para os más novos do Concello e as súas famílias.
Últimos comentarios