Festas patronais

Á sombra das vellas carballeiras
Xa non se escoitan muiñeiras
Como no tempo dos avós.
Manuel María (Romaría).

As   festas patronais son unha das pezas fundamentais da nosa tradición máis achegada e, malia os tempos, mantéñense no noso concello  -non así as romarías- como unha das manifestacións culturais que agocharon no seu día un valor patrimonial e histórico.  As festas organízanse coas achegas da veciñanza  e seguen a ser un espazo  afable de encontro  veciñal, co seu sentido de tradición e identidade.

As festas parroquiais comezan cada ano en Moeche coa festa de San Xiao, na parroquia de Labacengos, no mes de maio, e remataban coa festa de Balocos, parroquia de San Xoán.

Enlace para  o modelo de declaración responsable que deben presentar as entidades organizadoras de festas patronais, verbenas e outros eventos  e espectáculos

Modelo de declaración responsable para festas patronais e eventos

Festas patronais tradicionais

PARROQUIA DENOMINACIÓN DA FESTA MES DE CELEBRACIÓN
Abade Santiago Xullo
Nosa Señora de Guadalupe Setembro
Labacengos San Xiao Maio
Santa María Agosto
Santa Cruz Festa do Carme Xullo
San Cibrao Setembro
San Xoán San Xoán Xuño
San Ramón Agosto/setembro
Nosa Señora do Rosario (Balocos) Outubro
San Xurxo San Xurxo Abril
San Marcos Abril
Nosa Señora das Dolores Setembro

Festas 2023

Labacengos

  • Festa de San Xiao: 20 e 21 de maio
  • Festa de Labacengos (Sta. María): 12 e 13 de agosto.

Facebook

San Xoán

  • Festa de San Xoán, 24 e 25 de xuño
  • Festa de San Ramón, 26 e 27 de agosto

Abade

  • Festa do Santiago: 24 e 25 de xullo
  • Festa de Nosa Sra. de Guadalupe , setembro

Facebook

.