Perfil do contratante
O perfil do contratante e as plataformas de contratación permiten coñecer os procedementos de licitación e contratación da Administración. Coa entrada en vigor da nova Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público é obrigatoria a utilización de medios electrónicos, informáticos e telemáticos nos procedementos de cotratacion de calquera Administración.
O Concello de Moeche utiliza desde o pasado mes de agosto de 2018 a Plataforma de contratación do Estado – Sen embargo, as licitacións e contratos anteriores a esa data – anuncios de información previa, das licitacións en curso, pregos, datas de apertura, publicacións en outros medios, as adxudicacións, etc.- seguen a poder consultar na Plataforma de Contratos de Galicia: premer esta ligazón.
Os órganos de contratación do Concello de Moeche son o Pleno, a Xunta de Goberno Local e a Alcaldía. Desde o mes de agosto pódense consultar os novos procesos de contratación pública na Plataforma de Contratación do Sector Público habilitada polo Goberno do Estado, accesible picando na seguinte imaxe