Benestar Social e Igualdade

Benestar social

Protección para a cidadanía

A área de  Benestar Social   achega  o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, un sistema que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

A función dos servizos sociais vén marcada pola realidade poboacional do noso municipio, cun nivel alto de envellecemento e un asentamento da poboación moi diseminado.

Os Servizos Sociais municipais  teñen por obxecto:

  • A detección e análise das necesidades e carencias sociais dos veciños.
  • A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.
  • A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade.
  • A mellora da autonomía persoal.
  • A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
  • A animación e o desenvolvemento comunitario.
  • A mellora da cooperación e solidariedade expresada no voluntariado social.

Programa de orientación, asesoramento e información

Este programa garantirá o acceso universal e gratuíto ao sistema e, ademais, a prestación de servizos de carácter profesional en todo o municipio, establecendo ás persoas usuarias a asignación dun profesional de referencia, neste caso a traballadora social. Proporcionase información e orientación a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais, e ofréceselles ós usuarios un asesoramento persoal, puntual e preciso, con respecto á súa intimidade e capacidade de decisión.

Con proximidade e carácter integrador, realízase a intervención social e a prescrición técnica necesaria para a derivación ao servizo social especializado máis idóneo ou a outros sistemas de protección social. Faise o estudo e a valoración das demandas, explícitas e implícitas da poboación elaborando un diagnóstico social e un plan de intervención acorde coas necesidades presentadas e coas posibles situacións de risco. Particípase na xestión das prestacións económicas e no seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención. Coordínase o traballo social cos distintos sistemas de benestar e protección que actúen no territorio, así como coas entidades de iniciativa social autorizadas que poidan complementar a súa actuación.

Coopérase con outras administracións e poderes públicos na remisión de información necesaria nos procedementos que correspondan en relación cos servizos sociais comunitarios e as súas persoas usuarias.

Servizo de axuda no fogar (SAF)

Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é un servizo público de carácter local que ofrece  un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual. O SAF poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

Servizo de Axuda no Fogar no noso concello sufriu un cambio notable  no ano 2016 ao dobrar o número de persoas ás que se lles presta axuda domiciliaria , cun total de 560 horas ao mes,  que, conforme ás necesidades, deberán ir medrando.  Desde o departamento de Servizos Sociais faise un seguemento de cada caso co establecemento de visitas periódicas da  traballadora social – cada  dous meses – aos domicilios.

Programas doutras Administracións e outras funcións

Tramítanse programas doutras Administracións relacionados coa terceira idade -axudas, lecer saudable, estadías en balnearios, etc.-. Entre as competencias do servizo está tamén a elaboración de informes  e expedientes necesarios para acceder a prestacións públicas relacionadas con este ámbito.

Dependencia e atencións persoais

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia.

Servizo de atención diurna e de noite para persoas en situación de dependencia.

Valoración e recoñecemento da situación de dependencia.

Recoñecemento do grao de discapacidade.

Pensións e axudas económicas

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles.

Pensión non Contributiva de Invalidez Ver PDFDescargar PDF.

Pensión non contributiva de xubilación Ver PDFDescargar PDF.

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada Ver PDFDescargar PDF.

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero Ver PDFDescargar PDF.

Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero Ver PDFDescargar PDF.

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos Ver PDFDescargar PDF.

Tarxeta Benvida para as familias con fillos e fillas nados no ano 2017.

IRPF: Abono mensual anticipado da dedución por maternidade para traballadoras con fillos menores de 3 anos Ver PDFDescargar PDF.

Axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as (S.X. Emigración) Ver PDFDescargar PDF.

Outros

Tarxetas de accesibilidade: tarxeta de estacionamento e tarxeta de persoas usuarias.

Prestacións familiares da Seguridade Social Ver PDFDescargar PDF.

Título de Familia Numerosa.

Asistencia xurídica gratuíta Ver PDFDescargar PDF.

Bono social eléctrico Ver PDFDescargar PDF.

Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta Ver PDFDescargar PDF.

Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia Ver PDFDescargar PDF.

Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables Ver PDFDescargar PDF.

Abono Social de Telefónica (Ver PDF)(Descargar PDF).

Programas de vacacións e lecer

Benestar en balnearios 2017 (Ver PDF)(Descargar PDF).

Termalismo Social IMSERSO (Ver PDF)(Descargar PDF).os paralelos -en 2014 houbo un de fotografía- cos que se pretende alcanzar unha participación máis activa na sociedade desta banda da poboación.

Obradoiro da memoria

Todos os venres pola tarde se desenvolve o obradoiro de memoria  da man de Pilar Pazo, a técnica de Cultura, e no que participa unha vintena  de persoas exercitando a mente e a memoria para mantela en boas condicións durante moito tempo

https://moeche.gal/obradoiro-da-memoria/

Desde 2016 estes obradoiros compleméntanse coa Aula TIC, da man de Carmen Nieto,  organizando actividades con cursos paralelos -en 2014 houbo un de fotografía- cos que se pretende alcanzar unha participación máis activa na sociedade desta banda da poboación.

https://moeche.gal/vecinanza/aula-tic/

Igualdade

Programas municipais

As actividades de conciliación da vidad familiar e laboral ou os programas dirixidos a persoas maiores  teñen un caracter transversal e organízanse desde diferentes áreas:  Benestar Social, Cultura e Deportes.

Campamentos de vacacións

Sementeira

É o nome do programa de conciliación da vida familiar e laboral que se desenvolve en Moeche  nas vacacións escolares de verán.  Ofrece un conxunto de actividades que teñen como base o Pavillón municipal ou un local social e saídas a diferentes puntos do concello con actividades formativas e lúdicas que permitirán  coñecer mellor o noso concello e adquirir coñecementos de forma divertida. Ao tempo facilítalles ás familias compaxinaren a vida laboral e persoal.

Actividades: deportes, xogos acuáticos na piscina, obradoiro de pesca no río, obradoiro de inglés lúdico, obradoiro de cociña, cine e teatro de monicreques no Castelo, manualidades, xornada de xornalistas pola feira, visita a unha granxa, obradoiro de pan nunha panadería  local, triciclos e bicicletas e exhibición de minimotos, xornada de navegación a vela, en  tren de viaxe, elaboración de xoguetes, visita á aula informática,

Sementeira 2016 (enlace)

Sementeira 2017 (enlace)

Campamentos deportivos

Tamén co obxectivo de conciliar a vida familiar e laboral, o Concello de Moeche, desde Benestar Social e Deportes , organiza nas vacacións de Semana Santa un campamento deportivo con xogos tradicionais, de equipo, individuais, etc. Coordinado polo téncico de Deportes , Daniel Feijoo.

https://moeche.gal/vecinanza/deporte/

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de  Moeche sumouse no 2016 á longa lista de concellos e deputacións que forman parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade , unha entidade  que desenvolve proxectos de cooperación en países empobrecidos e en Galicia  na procura da  integración, da igualdade e da garantía dos dereitos humanos.

https://www.fondogalego.org/web/

Equipamentos

Residencias de maiores

Moeche conta cun centro para persoas maiores, O Casón, situado no lugar da Ponte, na parroquia de San Xurxo. É unha residencia privada que ofrece 30 prazas nun edificio dunha soa planta, moderno e adaptado que conta con todos os servizos necesarios intregrados: enfermería e servizo médico, dietas personalizadas e servizo fisioterapéutico, perruquería e actividades de  lecer, ademais de contar cun equipo competente de xericultoras disposto as 24 horas.
https://www.residenciaocason.com

Contacto:

Teléfono: 609 125 761   –   info@residenciaocason.com