Cultura e Lingua
Espazos socioculturais
Lugares que acollen as actividades
Salas do Centro de Interpretación do Castelo de Moeche
O Castelo, San Xurxo.
As salas do Centro de Interpretación do Castelo de Moeche acollen con carácter pemanente unha exposición sobre a Revolución Irmandiña e unha proxección audiovisual.
Así mesmo, son espazos con aforo limitado nos que se organizan concertos do programa Castelo de Sons [VER EN FACEBOOK] e exposicións de pintura, fotografía e artesanía.
Centro Cultural Francisco Piñeiro
Trieiro, s/n
Un novo espazo para a cultura -música, teatro, conferencias, corais, etc- no noso municipio que abreu as súas portas o 21 de maio de 2017, tras as obras de adaptación do antigo edificio chamado de Protección Civil. Leva o nome dun mestre grande, bo e xeneroso como merecido recoñecemento a Paco Piñeiro, o mestre, que sementou e sementa a nosa cultura.
Galería fotográfica en Facebook da inauguración do Centro [Ver galería].
Centro Social Abade
Trieiro s/n Abade
Edificio do ano 1996 que acolle a celebración de actos particulares da veciñanzas, reunións, charlas, clases de ximnasia e outros eventos.
Local Social O Pereiro
Pereiro, s/n, San Xurxo
Antiga escola hoxe reconvertida en local social que na primeira planta acolle a Asociación Veciñal Val de Moeche e a Asociación Cultural Irmandiños; a planta baixa dedícase a actividades culturais.
Programas culturais
Programación permanente de actividades
Rede Cultural 2017
A Rede Cultural da Deputación da Coruña permite desenvolver unha programación cultural estable de calidade mediante o financiamento do 75% das actividades para concellos de menos de 5000 habitantes.
O obxecto da Rede Cultural é contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos concellos e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero,
Castelo de Sons 2017
Castelo de Sons é un programa de actividades nacido no outono de 2015 co obxectivo de abrir o castelo á veciñanza como un espazo para a música, un entorno privilexiado para as tardes culturais.
Tardes musicais no verán ao aire libre, no patio de Armas; no outono ou no inverno, nas salas do Centro de interpretación que acolle o castelo. Tardes para unha música de calidade, de novos valores, da mellor expresión da nosa música coas voces de Sonia Lebedinsky, Sofía Espiñeira, Sanjuro&Dopico, 2uS, De Vacas, Mini e Mero e todas as que encherán o castelo.