O Castelo

O Castelo de Moeche

A historia que non esquencemos

O principal punto de atención para o turista é o Castelo, que leva o nome do municipio. Sen embargo, son moitos os fermosos lugares cos que nos imos atopando se facemos un percorrido por Moeche. O Castelo de Moeche, situado na parroquia de San Xurxo, foi construído no século XIV, pola súa antigüidade e as súas características é o edificio máis emblemático deste Concello.

Posúe planta poligonal, en que a parte oeste vese defendida cun foxo escavado na rocha. No leste está a entrada, defendida cun baluarte apegado de planta irregular, co fin de incrementar a capacidade defensiva e controlar mellor o contorno.

Ten sete sectores e dúas poternas para coidado do foso. Dende o baluarte, atravesando a cadrada torre da homenaxe, unha das partes mellor conservadas e na que aínda apreciamos as ameas que a coroaban, accédese o patio de armas, ao que verten as catro estancias que conforman o Castelo.

Nunha delas consérvase unha escaleira helicoidal de cantería que permite o acceso ao paso de rolda. Está construído con grosos muros de cachotería, cos pavimentos de grava e herba. No interior nunha das estancias aínda se conserva unha bóveda e no exterior, dous escudos de armas e pequenas fiestras con arcos de medio punto.

Acceso: na estrada AC-642 hai que coller un desvío en dirección a San Ramón. Unha vez en San Ramón descéndese pola mesma estrada e a 3 km aproximadamente atópase o castelo [VER MAPA].

Material para grupos escolares

Unidade didáctica para coñecer o castelo e a súa historia

Exercicios para educación primaria

Exercicios para educación secundaria

Horarios

Primavera 2024 (Dende o 16 de marzo ao 01 de xuño)

Luns e martes pechado por descanso do persoal.

Mércores e xovesMañás: pechado, con posibilidade de concertar visitas de grupo ou escolares chamando previamente ao 981404006.

                                 Tardes: 16.00 a 18.30 h

Venres: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 h

Sábado, domingo e festivos: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h

Cando o festivo cadre entre semana abrirase no horario establecido e pecharase o seguinte día laboral.

 

Tarifas

TARIFAS DE ENTRADAS

  • Tarifa xeral(+ 16 anos): 2,50 €
  • Tarifa reducida:  1.50 €
  • Tarifa especial:  0.00 €
  • Visitas guiadas para grupos, previa reserva, dirixidas por un profesional 3.00 €/persoa

TARIFA REDUCIDA: 1,50€
– Menores de idade entre 6 e 16 anos e maiores de 65 anos.
– Grupos de alumnado de centros educativos de educación infantil, primaria, especial, secundaria e universitaria de fóra da localidade.
– Membros de familias numerosas, segundo disposto no art. 2 da Lei 4&2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas e o R. d. 1621/2005

TARIFA ESPECIAL: 0.00€
– Persoas titulares da tarxeta municipal de acceso en vigor.
– Grupos de alumnado do colexio da localidade.
– Menores de 6 anos.

Establécese como día de visita pública gratuíta a xornada principal do Festival Irmandiño

No interior do Castelo, atópase o

Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas