Visitas guiadas á Fusquenlla

Podedes coñecer as instalacións d’A Fusquenlla este sábado 23, día de feira en Moeche. Na Nave do Mercado estará instalado un posto informativo onde apuntarvos para os dous percorridos guiados, un ás 11:00h e outro ás 12:00h.
As visitas, en grupos de 10 persoas, repetiranse cos mesmos horarios nas feiras do 11 e do 23 de novembro, así como ao remate do showcooking que se celebrará en Moeche na tardiña do día 12.
Máis información sobre o programa de difusión do centro, na web www.afusquenlla.gal
No event found!

Submit a Comment