Curso de plantación de castiñeiro para froito

A IXP Castaña de Galicia e a Consellaría do Medio Rural organizan unha xornada formativa sobre cuestións básicas para a posta en marcha dunha plantación de castiñeiro: preparación do terreo, fertilización, variedades e portaenxertos, marcos de plantación axeitados para facilitar a mecanización e o crecemento da copa, podas de formación, sanidade… etc.

O curso é gratuíto e require inscrición previa cubrindo un formulario dispoñible no apartado “Plan de Formación 2021” da web da Consellaría do Medio Rural (mediorural.xunta.gal). O documento tamén pode descargarse desde aquí e logo haberá que envialo cuberto ao correo info@castanadegalicia.gal. Esta acción formativa diríxese, prioritariamente, a persoas vinculadas coa agricultura e/ou a gandaría, a actividade forestal ou a xente moza que queira incorporarse ao sector primario.

Formulario solicitude versión odtversión word

No event found!

Submit a Comment