A Xunta de Goberno local do Concello adxudicou a pasada semana o contrato das obras do proxecto Pavimentación de camiños en San Ramón, O Castro, Loira e Balocos, un dos últimos incluído polo Concello no POS+ Adicional 2023. A licitación publicouse na Plataforma de Contratos do Estado, mediante procedemento aberto simplificado, por 31.759,97€ e finalmente foi adxudicado a empresa local Construcciones José No Mantiñán e Hijos por importe de 29.854,37 € (IVE incluído)

O proxecto adxudicado comprende a reparación de catro pistas municipais:

  • Camiño que vai desde a estrada provincial DP4901, en San Ramón, ata a foxa do saneamento de San Ramón, cunha lonxitude de 180 m e un ancho medio de 3,25 m
  • Camiño do Castro (Abade), cunha lonxitude total de actuación de 140 m e ancho medio de 2,75 m máis sobreanchos
  • Camiño en Loira (Labacengos) ata Abade, de 500 m e ancho medio de 3,0 m
  • Camiño en Balocos (San Xoán), cunha lonxitude de actuación de 315 cun ancho medio de 3,5 m máis sobreanchos nos primeiros 160 m e cun ancho medio de 2,75 m no segundo tramo.

O prazo de execución é de 4 meses desde a sinatura da acta de reformulo.

A solución técnica pola que se opta no proxecto é similar nas catro pistas que se van reparar. En primeiro lugar farase unha limpeza en profundidade das cunetas, posteriormente limparase o firme e atacaranse as fochas e irregularidades máis profundas e, por último, aplicarase unha dobre rega asfáltica -nalgúns puntos tripla- rematada con grava miúda. Esta opción responde, segundo o plan técnico, a que se considera suficiente para garantir unha correcta drenaxe e unha boa resistencia do firme, que soportará maiormente tráfico lixeiro.

Plan de mantemento da rede viaria

A execución do contrato destas obras do POS+ Adicional coincidirá co desenvolvemento doutros traballos de mantemento da rede viaria, o plan de “rebacheo” que con carácter anual se executa na cinco parroquias. O Concello está recibindo estes días os orzamentos solicitados para analizamos e contratar as obras de mantemento da rede viaria.