Reunión informativa para veciñanza o próximo mércores 8 de maio,ás 18.30 h. no C. Cultural Frco. Piñeiro, a cargo de representantes da Consellería de Medio Rural, Xunta de Galicia, en relación coas cartas que nos vindeiros día recibirán as persoas, entidades ou empresas propietarias de terreos situados nas faixas secundaria de protección de vivendas e núcleos de poboación. As notificacións que se emitiran nos próximos días afectan a máis de 800 parcelas en relación co plan de prevención de incendios forestais e enviaránselles ás persoas titulares segundo o Catastro; outras 57 parcelas, de propiedade descoñecida, serán obxecto de publicación no BOP e no BOE co obxecto de identificar aos seus propietarios e que procedan á da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas das citadas parcelas.

Nos próximos días varias persoas propietarias de parcelas situadas en Moeche recibirán notificacións da Xunta de Galicia e Concello de Moeche para recordar a obriga de xestionar a biomasa vexetal e retirar as especies arbóreas que se atopen na franxa de protección de incendios forestais dos núcleos de poboación. Esta notificación vén motivada por dúas cuestións:

  • A Xunta de Galicia, en virtude do convenio de colaboración entre a Conselleria de Medio Rural, a Fegampo e os concellos, – convenio ao que Moeche se sumou en 2018 – para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, levou a cabo nos últimos meses de de 2023 a inspección das parcelas e predios que rodean os núcleos do concello de Moeche.
  • Dar cumprimento a lexislación en materia de montes e incendios forestais (Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais e a lei 7/2012 do 28 de xuño de montes de Galicia) e o Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais.

    O Concello de Moeche envía cada ano varias notificacións en relación coa obriga de xestionar a a biomasa a aqueles propietarios que incumpren a normativa, mais dado o volume de parcelas en todo os concellos o citado convenio establece a necesaria a execución do sistema publico de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

    No marco do citado convenio, persoal de SEAGA, por encomenda da Xunta de Galicia, procedeu a realizar a inspección das faixas secundarias arredor dos núcleos de poboación, nos últimos meses de 2023 no conxunto do termo municipal e como resultado detectáronse en torno a 800 parcelas que serán obxecto de notificación. A Consellería de Medio Rural remitiulle ao Concello máis de 1107 notificacións para asinar  e  unha vez asinadas será a propia Xunta de Galicia que llelass enviará ás persoas titulares da parcelas afectadas, co obxecto de dar cumprimento á Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

    Moeche sumouse xa no ano 2018, xunto con outros concellos da comarca, ao Convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias. No marco dese convenio desenvólvense diferentes actuacións nos concellos e . en virtude delas, Moeche conta cun Plan municipal de prevención e defensa contras o incendio forestais , aprobado por unanimidade polo Concello Pleno o 20 de febreiro de 2020, en cumprimento da Lei 3/2007 dende 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia que establece a obriga para todos os concellos de elaborar o plan de prevención citado.

    Coa elaboración do citado plan, Moeche conta cunha definición dos espazos que configuran as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e na que é obrigatorio para as persoas que resulten responsables consonte o artigo 21 xestionar a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados nesta Lei e na súa normativa de desenvolvemento, nunha franxa de 50 metros

    Unha vez elaborado o plan municipal de defensa contra os incendios forestais., unha das actuacións recentes foi a inspección do estado das franxas de protección as núcleos de poboación, á vivendas e infraestruturas por parte do persoal técnico de SEAGA; todas a pareclas están situadas dentro das áreas de protección ante os incendios forestais., é dicir, en 50 metros desde os límites dos núcleo rurais ou urbanos. É importante ter presenta que a obriga de limpar ou cortar as plantacións no permitidas afecta á zona de 50 metros desde o límite do núcleo, non desde as edificacións.

    Se a hora de recibir a notificación, a parcela/ ou parcelas  están xestionadas correctamente, as persoas propietaras non teñen que facer nada o respecto, xa que nunha segunda inspección comprobarase dita situación. Se ben, poden comunicarllo ao Concello para que llo transmita á Conselleria e síí peche o expediente.

    Se alguén recibe unha notificación e non é propietaria, deberá comunicalo por escrito ó concello, xustificando o motivo polo cal non é o responsable ou propietaria da parcela. Pata esta comunciación ou calquera outra discrepancia as persoas que reciban cartas cun requirimento terán nas oficinas do Concello un modelo de alegacións, que tamén pode descargarse no seguinte enlace.

    IMPORTANTE: XUNTANZA INFORMATIVA

    Persoal técnico da Xunta de Galicia acudirá ao Concello o próximo mércores 8, ás 18.30 horas, no C. Cultural Frco. Piñeiro para informar con detalle do contido destas notificacións así como de como proceder ante as discrepancias coas notificacións ou a marxe nos prazos indicados.

    Posteriormente, tras o envío das notificacións por parte da Consellería, de ser neceesario persoal técnico en representación da Administración autonómica acudirá á Casa do Concello, en datas que se anunciarán previamente, para aclarar dúbidas ou posibles erros de datos identificativos nas notificacións, por exemplo, naqueles casos en que non se teñan actualizado os datos no Catastro.

    No visor de faixas secundarias da Xunta de Galicia pódense consultar as parcelas afectadas,  e ver que superficie da parcela está afectada, en cor verde.

    Enlace: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

    Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de moeche

    https://www.fegamp.gal/content/convenio-prevencion-defensa-contra-incendios-forestais

    Visor parcelas faixas secundarias: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

    Instancia para alegar ou presentar modificacións