O Concello de Moeche aproba catro contratacións temporais de persoal, tres para Servizos e Obras e unha para Servizos Sociais. Os postos temporais son de condutor/a tractorista, peón/peoa tractorista, auxiliar administrativo e peón/peoa forestal, todos eles con cargo a diferentes liñas de axudas públicas para entidades locais e con achega de fondos municipais, o que permitirá reforzar os servizos municipais durante os vindeiros meses.

Moeche acolleuse ao Plan de Emprego Local (PEL ) 2024 da Deputación da Coruña dirixido a aqueles municipios da provincia que contan cunha poboación inferior aos 20.000 habitantes, polo que recibe 22.000 euros, que lle permitirá contratar con carácter temporal un condutor ou condutora da maquinaria municipal e un peón tractorista a xornada completa. No marco do POS Social da Deputación da Coruña contratarase unha ou un auxiliar administrativo para a área de Benestar Social e, finalmente, ofertarase un contrato de peón forestal con cargo ao programa Aprol Rural da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.

En relación coa contratación de operarios ou operarias no PEL, conforme á bases destas axudas, o Concello solicitoulle ao Servizo Público de  Emprego de Galicia (SPEG) unha listaxe de persoas que, ademais de ser demandantes de emprego rexistradas  no SPEG,   deben cumprir, polo menos, unha das condicións establecidos no Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña: ter máis de 45 anos, levar en situación de desemprego dous ou máis anos, ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, ser muller, vivir nun fogar onde ninguén teña traballo, ser familia monoparental, non ter fogar, ter dificultade para atopar traballo por razón do idioma ou circunstancias socioculturais, ser vítima de violencia de xénero ou encontrarse nunha situación de drogodependencia.

As bases, aprobadas por resolución de Alcaldía,  que rexerán a contratación entre as persoas seleccionadas polo Servizo Galego de Emprego Público  figuran publicadas  na web municipal xunto co nomeamento do tribunal cualificador. A selección realizase entre estas persoas  mediante concurso- oposición conforme ás bases, nas que se valoran as circunstancias persoais  conforme ao establecido pola Deputación da Coruña para participar no PEL, a formación e a experiencia laboral  segundo a documentación que envía o Servizo Público de Emprego de Galicia e realizase unha proba práctica relacionada coas funcións propias do posto.

O tribunal está composto por empregado público e  convídase como observadores un representante de cada grupo municipal, sen voz nin voto.

Peón forestal. Aprol Rural

O Concello procederá  tamén á contratación temporal dunha persoa para o posto de peón e de peón forestal tras recibir a comunicación da concesión do programa da Xunta de Galicia, APROL Rural, de fomento do emprego no medio rural, cun importe de 16.476,93, para un período de 9 meses. De conformidade coas bases da convocatoria, as persoas que poden formar parte no proceso selectivo deben reunir os requisitos e criterios establecidos pola Xunta de Galicia.

Esta contratación temporal realizarase por un período de 9 meses, a tempo completo e a persoa contratada encargarase dos labores de limpeza de maleza e roza de diferentes espazos públicos sen uso de tractor ou desbrozadora similar. O Departamento de Desenvolvemento Local do Concello redactou as bases específicas de conformidade cos criterios establecidos pola propia convocatoria da axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Segundo este requisitos é obrigatorio conforme ao que establece a convocatoria da Xunta de Galicia ser demandante de emprego e figurar como tal no SPEG así como no ter traballo nin no momento da selección nin cando se asine o contrato.

O Concello inicia o proceso coa obrigatoria solicitude ao SPEG dunha listaxe de persoas candidatas e a aprobación das bases específicas. As persoas que seleccione o Servizo Público de Emprego de Galicia deberán formar parte preferentemente dun dos seguintes grupos tal e como establece o artigo 14 da convocatoria da Consellería de Economía:

a) Mulleres e en especial aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero.
b) Menores de 30 anos, en especial as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sin cualificación profesional.
c) Persoas paradas de longa duración.
d) Persoas con discapacidade.
e) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.
f) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
g) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.

O tribunal estará composto por empregados público e á proba práctica da fase de oposición, que terán lugar unha vez se reciban as notificacións do SGEP e transcorridos os prazos legalmente establecidos, convídanse como observadores un representante de cada grupo municipal, sen voz nin voto.

POS Social. Contratación auxiliar administrativo

Dos fondos achegados pola Deputación da Coruña a través do programa POS Social -35.565,27€ – Moeche dedicará unha parte – 11.000,00 €- para reforzar de novo a área de Servizos Sociais coa contratación temporal dun ou dunha auxiliar administrativo por un período de 5 meses a xornada completa. Desempeñará as funcións propias do posto reforzando o labor da área de Servizos Sociais no período de maior actividade por desenvolvemento de programas específicos. Neste proceso o Concello convocará por orde de puntuación as persoas integrantes da bolsa de emprego de auxiliar administrativo

PEL Deputación

Bases convocatoria condutor-tractorista e peón tractorista

Documentacion proceso

 

Aprol Rural Consellería convocatoria

Bolsa de emprego auxiliar administrativo