Formación para as asociacións
A Aula TIC do Concello de Moeche pon en marcha unha actividade dirixida as entidades asociativas e ofrece atención personalizada e presencial sobre a realización de trámites na Sede electrónica, o certificado electrónico, como solicitalo e instalalo, ou o Notifica .gal, o sistema oficial de notificación das administracións, como darse de alta e como xestionalo O asesoramento personalizado pode realizarse por videoconferencia ou vía telefónica ou de xeito presencial, entre 10.00 a 13.00 h, sempre con cita previa, nas seguintes datas e lugares:
- Aula TIC na Casa do Concello 7 outubro e 4 novembro
- A.VV. Labacengos 14 de outubro e 11 novembro
- Local Social de Abade: 21 de outubro e 18 de novembro
- A.VV. Val de Moeche, no Pereiro 28 de outubro e 25 de novembro
Información e reservas: teléfono ou whatssap 616016793
Últimos comentarios