O Fondo Galego de Cooperación organiza cada ano as reunións  provinciais da Rede Municipalista Solidaria (RMS). Este ano Moeche é concello anfitrión na provincia da Coruña. A xuntanza  tivo lugar este venres 5 de abril de 10. 00 h a 12.30 h no Castelo de Moeche coa participación de representantes de diferentes concellos da provincia. A Rede Municipalista Solidaria está conformada polos representantes políticos e técnicos  perante o Fondo Galego de cada concello e deputación socia, un total de 107 entidades. Os proxectos e iniciativas do Foro Galego de Cooperación e Solidariedade pódense coñecer polo miúdo no enlace  https://fondogalego.gal/
Participaron  representantes,  políticos e técnicos, dos concellos de Moeche, Fene , San Sadurniño, , Pontedeume, As Pontes, Narón, Cabanas, Arteixo,  A Laracha, Sada, Cabana de Bergantiños e da Deputación Provincial da Coruña.  A alcaldesa, Beatriz Bascoy,  recibiu a todas as persoas partiicipantes ,xunto  coa concelleira de Desenvolvemento local e deputada provincial, Cristina García, representante de Moeche non Foro Galego de Cooperación. A alcaldesa manifetou o agradecemento pola presenza das representantes do concellos participantes  e  o feito de elixir Moeche para desenvolver a reunión provincial do ano 2024 xa que , sinalou,” é importante que os concellos  pequenos acollamos estes encontros pois  é un xeito de facer visible que nos proxectos solidarios  todos somos necesarios e todos podemos  e debemos sumar  na cooperación desde o ámbito local para que  se poidan manter e aumentar  as iniciativa do Foro “
Todos os anos, cando menos unha vez, teñen lugar as xuntanzas presenciais da Rede Municipalista Solidaria. Organízase unha por provincia, para facilitar a participación do conxunto as administracións locais socias. Nestes foros preséntase o plan de traballo para a anualidade e danse a coñecer as novas actividades, para recoller achegas antes de celebrar a Asemblea do Fondo Galego. Tamén se realiza avaliación do ano anterior e infórmase de todas as cuestións que se consideran de interese. Ademais de convidar a todos os concellos que están adheridos ao Fondo Galego, convídouse a participar nesta reunión a concellos da contorna que aínda non son socios para dar a coñecer o Fondo Galego e as actividades que realiza ao maior número de concellos posible.
Moeche é concello socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desde o ano 2015.  O Concello sumouse a este proxecto, que reúne xa a 107 entidades locais,  co fin de axudar  e contribuir ao fins e obxectivos solidarios desta entidade, nomeadamente,  na loita contra a pobreza e as desigualdades a nivel global.  Máis de 25 anos xa  nos que desde o Fondo se impulsaron preto de 200 proxectos en máis de 30 países e centos de actividades para sensibilizar á cidadanía galega, co fin último de mellorar a vida das persoas nos lugares máis desfavorecidos. Este inxente e necesario traballo realizado polo Foro Galego require, destacou a concelleira Cristina García ,” o compromiso do conxunto dos concellos e deputacións galegas”.