O Boletín Oficial do Estado publicou o anuncio da convocatoria dun proceso selectivo para  cubrir a praza vacante de operario- condutor de vehículos e maquinaria na área de Servizos e Obras. É unha praza de persoal laboral fixo e encádrase no grupo IV. As bases foron publicadas no BOP e establecen un prazo de 20 días hábiles para presentar as instancias, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOE,  que tivo lugar onte 20 de setembro. O prazo finaliza o 19 de outubro.

O Concello de Moeche iniciou o procedemento para cubrir en propiedade a vacante de operario -condutor de vehículos e maquinaria, actualmente ocupada de forma interina. As bases foron aprobadas en Xunta de Goberno Local e  o prazo para  a presentación de documentación iniciouse hoxe 21 de setembro, tras a  publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado, por un período de 20 días hábiles tal e como figura nas bases publicadas inicialmente no BOP núm. 158.

Os requisitos para poder concorrer a esta praza son os seguintes: ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter calquera outra nacionalidade que lle permita ó acceso ao emprego público de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia. · Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. · Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa. · Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de accedera ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores. · Estar en posesión do título de educación secundaria obrigatoria ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación das instancias. · Estar en posesión do permiso de conducir tipo C. · Estar en posesión do certificado de aptitude profesional (CAP) Estar en posesión do CELGA 3, de non ser o caso os aspirantes que non estean en posesión do correspondente título deberan realizar unha proba acreditativa do coñecemento da lingua galega

Para participar no proceso débese presentar a solicitude que figura como  anexo nas bases, e a seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do DNI, pasaporte ou documento de identificación.
  • Fotocopia compulsada da titulación requirida.
  • Fotocopia compulsada do título de lingua galega ou Celga correspondente á titulación acreditada como requisito para ser admitido ao proceso selectivo. Quen non cumpra este último requisito deberá facer a proba de galego que só valorará como “apto/a” ou “non apto/a” -non se obterá puntuación pero será eliminatoria
  • Fotocopia compulsada do permiso de conducir da clase C.
  • Fotocopia compulsada do Certificado de Aptitude Profesional
  • Informe médico oficial actualizado – polo que non deberá ter unha antigüidade superior a tres meses, contados dende a data de resolución definitiva da Alcaldía na que se aproba a persoa aspirante seleccionada – no que conste que non se padece enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións ou tarefas correspondentes ao posto de traballo ao que se opta.
  • Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo das administracións públicas, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.
  • Declaración xurada de non estar incursa nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

fase de oposición, cunha puntuación máxima de 60 puntos , estará composta por tres exercicios.

O primeiro  exercicio só será obrigatorio para aquelas persoas aspirantes que non teñan acreditado o coñecemento da lingua galega mediante a presentación do correspondente certificado de aptitude do curso de lingua galega ou Celga 3. Consiste nunha proba oral de coñecemento da lingua galega de conformidade co establecido no artigo 51.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia que se cualificará con apto ou non apto.

O segundo exercicio será un cuestionario tipo test con 30 preguntas sobre o temario -máis 5 de reserva- relacionadas co contido do programa que figura no  temario das bases. que deberán responderse nun máximo de 45 minutos.  A cualificación máxima deste exercicio é de 30 puntos, e será necesario acadar 15 puntos para superalo

O terceiro exercicio consistirá na realización dunha proba práctica relativa ás funcións do posto relacionadas na base segunda. Para a realización deste exercicio as persoas aspirantes disporán dun tempo máximo de 30 minutos. A proba poderá ser gravada e incorporarase  a gravación ao expediente. A puntuación do exercicio será de 30 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 15 para superar a proba

Fase de concurso: os  méritos valoraranse ata un máximo de 40 puntos.

A experiencia profesional terá unha valoración máxima de 36 puntos. Teranse en conta os servizos prestados na Administración local en postos de igual ou similar natureza, ou noutras Administracións o en  entidades ou empresas privada.

Pola realización de cursos de formación ou perfeccionamento, realizados en entidades oficiais ou homologadas polas Administracións Públicas, relacionados directamente coas funcións do posto de traballo, outorgarase un máximo de 2 puntos. Os diplomas, certificados ou documentos que acrediten a realización de cursos deberán expresar a duración en horas e expresar con suficiente claridade o seu contido básico.

Outras acreditacións poderán acadar un máximo de 2 puntos · Por estar en posesión do certificado de formación e manipulación de alimentos e  do carné de “manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios.

O tribunal estará formado por un/ha presidente/a, tres vogais – todas as persoas deberán ser funcionarias ou persoal laboral fixo de Administración local-  e un/ha secretario/a, e deberá de cumprir os requisitos sinalados no art. 60 do Real decreto lexislativo 5/2015 de 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público e demais normativa aplicable. Todos os membros do tribunal deberán posuír a titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada.

Nota: o prazo para presentar as instancias  é de 20 días hábiles desde a publicación no BOE,  tal e como figura nas bases no BOP; a publicación do BOE recolle un erro ao indicar 20 días naturais e reducir así o prazo. Nos próximos días publicarán a correspondente corrección de erro.  O último día para a presentación de instancias será o 19 de outubro.

Bases publicadas no BOP

Anuncio e inicio de prazo no BOE

Anexo I Temario

Anexo II: solicitude de participación