Consciente da importancia que a factura eléctrica ten para o conxunto das persoas consumidoras e usuarias, o Concello de Moeche solicitou  a colaboración do Inega e da Escola Galega de Consumo (EGC) para a chegar ao noso concello o programa Dálle luz á túa factura, que se concreta nunha charla informativa sobre un dos principais gastos dentro da economía doméstica, o destinado ao pago da factura eléctrica.

Tipo de actividade O programa Dálle luz á túa factura pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctrica .

Duración estimada :  60 minutos.

Lugar: Centro Cultural Francisco Piñeiro (Triero, Abade)

Hora : 16.00      Data: luns 16 de outubro de 2017

Organiza: Concello de Moeche . INEGA e Instituto Galego de Consumo.