O Concello de Moeche súmase á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, unha data para lembrar a necesidade de reclamar a igualdade de dereitos entre as personas sen importar a súa identidade de xénero e, sobre todo, para reclamar a liberdade e o respecto.

Moeche únese a esta conmemoración coa colocación da bandeira do arco da vella no balcón da Casa do Concello e a aprobación por unanimidade dunha declaración institucional. O Día Internacional do Orgullo LGTBQI celébrase o 28 de xuño en conmemoración dos disturbios de Stonewall (New York) de 1969 que marcaron o inicio do movemento de liberación homosexual. A bandeira da LGTBQI ou bandeira do arco da vella -tamén coñecida como a bandeira da liberdade- foi utilizada como símbolo do orgullo gay e lésbico desde finais dos anos 70. As diferentes cores simbolizan a diversidade na comunidade LGTBQI

Desde o Concello de Moeche difundimos  campaña da Deputación da Coruña Construíndo diversidade, que procura a sensibilización sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como dignificar a comunidade #LGTBQ

Enlace construíndo diversidade

Por outra banda, o Concello de Moeche aprobou na sesión plenaria do pasado xoves 21, cos votos favorables de todos os grupos municipais, unha declaración institucional na que se condena calquera tipo de agresión, incluíndo tanto a violencia física coma a verbal, a humillación e o menosprezo cara as personas LGTBI no noso país e sinálase, entre outras cuestións, que “non son posibles as políticas de igualdade sen os Concellos. Por ese motivo, reivindicamos a necesidade de dotar ás Entidades Locales das competencias nesta materia así como de suficientes medios e recursos para, en colaboración co Goberno e as CCAA, asegurar a implementación adecuada de todas as políticas e iniciativas necesarias para garantir a igualdade efectiva das persoas en todos as nosas vilas e cidades