Apertura da piscina municipal de Soutogrande
A chegada do verán tamén marca o inicio da temporada de piscina na área recreativa de Soutogrande. O vaso estará aberto ao público xeral desde o 18 de xuño até o 16 de setembro mantendo os mesmos horarios que en anos anteriore
de luns a venres               sábados, domingos e festivos
xuño
16 a 21.00h.                            12 a 21.00h.
xullo e agosto
14 a 21.00h                             12 a 21.00h.
12 a 13.00h.
para cursos de natación
setembro
16 a 20.00h.                             12 a 20.00h.
As entradas para días soltos poden mercarse no ambigú da propia piscina. Porén, os abonos hai que solicitalos na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14.00h., ou ben enviándolle un correo a daniel.feijoo@moeche.gal. O carné de acceso entregarase despois de presentar toda a documentación requirida.
Os prezos públicos de utilización da piscina mantéñense invariables desde 2016, cando se modificou a ordenanza cunha baixa dos abonos familiares:
Cota de entrada pública á piscina
Menores de 3 anos   gratis
Infantil (ata 12 anos)  1,50€
Entrada xeral (máis de 12 anos)  2,80€
Abono de temporada
Infantil (ata 12 anos)   15€
Persoas de máis de 12 anos   30,50€
Familiar (ata 4 persoas*)  58,50€
Familiar (a partir da 5ª persoa*)  10€
* As persoas usuarias que integren o abono familiar deberán ter unha vinculación directa entre elas, por afinidade ou consanguinidade de 3º grao (avós/as, pai/nai, fillos/as, irmá/a, tíos/as, sobriños/as, bisavós, bisnetos.
Os abonos hai que solicitalos na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14.00h., ou ben enviándolle un correo a daniel.feijoo@moeche.gal.
Documentación
Preme neste enlace para obter o modelo de solicitude de abono familiar.

Solicitude abono familiar