Concello de Moeche e a Consellaría de Educación colaboran no desenvolvemento das obras de novo tramo do saneamento no CEIP San Ramón. O Concello de Moeche , tras 20 anos sen que se procedese ao baleirado da fora séptica do  recinto, e dado que as averías eran contínuas  desde hai anos e xa se producirán no 2016, este ano 2017 ante un novo atascamento dirixiuse á Consellería de Educación do fin de buscar unha solución definitiva ao problema . Por parte do Concello  asumiuse o baleirado da fosa e a corta e retirada do piñeiro de grandes dimensíóns que hai ao lado do edificio escolar, cuxas raíces levaban anos  rompendo os tubos do saneamento. Os técnicos de Educación deron resposta áxil á solicitude do Concello e,  tras acordar unha solución conxunta, decidiron  aproveitar o periodo de vacacións para  proceder á substitución da canalización do saneamento que lle afecta á  cocina, aos servizos do persoal de comedor  e á saída da foxa cara ao exterior  do recinto.

Ao tempo que se desenvolvem estas obras, o Concello realiza as abres e obras menores de posta a punto e mantemento para comenzar o novo curso 2017-2018.